A Mega Drive mini sairá á venda en setembro
luns, 1 de abril do 2019
A febre das consolas de videoxogos mini parece terlle funcionado ben polo momento só a Nintendo, e
máquinas como The
C64 Mini e a PlayStation
Classic tiveron unha recepción moi mala, polo que sorprende que finalmente,
tras o
anuncio de adiamento realizado o pasado setembro, SEGA ouse pór data de
lanzamento para a súa Mega Drive mini, consola de tamaño reducido que veremos
nas tendas o vindeiro 19 de setembro incluÃndo 40 xogos precargados.
Esta nova consola terá un prezo de 79,99 euros incluÃndo un par de mandos e os
cables USB e HDMI precisos para xogar, e confirman que entre os seus xogos
integrados estarán Sonic the Hedgehog,
Ecco the Dolphin, Castlevania: Bloodlines, Space Harrier 2, Shining Force, Dr. Robotnik’s
Mean Bean Machine, ToeJam & Earl,
Comix Zone, Altered Beast e Gunstar
Heroes, tÃtulos considerados clásicos que, na súa meirande parte están
incluÃdos na SEGA
Genesis Classics Collection.

- A consola retro venderase en setembro a 79,99 euros con 2 mandos e 40 xogos precargados
VÃdeo no que podemos ver a presentación da nova Mega Drive mini na súa versión xaponesa
