A Noite Galega das Telecomunicacións xirará este ano arredor das posibilidades do 5G
mércores, 17 de abril do 2019
O
Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación
de Galicia (COETG-AETG) veñen de poñer en marcha unha nova edición
da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información,
que, tal e como sinalamos os dÃas pasados, vaise celebrar o dÃa 24
de maio na Finca Montesqueiro
emprazada en Oleiros, A Coruña. Segundo
nos contan dende o COETG-AETG, a nova edición da Noite (a número
24) desenvolverase baixo a temática da tecnoloxÃa 5G, o novo
estándar de comunicación móbil chamado a ser o impulso definitivo
da gran revolución tecnolóxica que estamos a piques de
presenciar.... e vivir: a revolución da Internet das Cousas, da
análise da información a gran escala e mesmo da robótica e da
Intelixencia Artificial.
A
cita, engade a organización, contará coa presenza activa de
empresas pioneiras na implantación desta tecnoloxÃa 5G en Galicia e
outras relacionadas.
En
termos máis xenéricos,a Noite preséntase novamente como un dos
grandes eventos de networking e confraternidade tecnolóxica
de Galicia e todo o ámbito estatal. Alà estarán, unha vez máis,
boa parte das máis destacadas empresas e entidades do sector TIC, na
compaña das e dos integrantes do colexio-asociación.
Desta
volta, a Noite celebrarase na Finca
Montesqueiro emprazada en Oleiros, A Coruña, co que se pretende
dar continuidade ao carácter itinerante de celebración por
distintos puntos da xeografÃa galega (o ano pasado desenvolveuse no
Hotel Los Escudos de Vigo).
Coma
en edicións anteriores, no acto converxerán os profesionais, as
empresas e as entidades máis representativas do sector das
TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC), tanto de
Galicia como a nivel nacional ou internacional, con representación
na nosa Comunidade.