A PlayStation Network está fóra de servizo
martes, 1 de outubro do 2024
Esta madrugada a PlayStation Network experimentou unha caÃda rexistrada oficialmente a partir das 3:21 horas, que afecta á práctica totalidade dos servizos, de xeito que non é posible iniciar sesión dende as consolas de videoxogos de Sony, asà como tamén resulta imposible xogar en liña, descargar actualizacións, mercar xogos, ver vÃdeos en liña e, en definitiva, realizar nada que precise de conexión á Rede.
Este fallo de funcionamento da plataforma en liña que dá servizo ás consolas PlayStation é a nivel global, e aÃnda que hai momentos puntuais no que os usuarios aseguran ter recuperado o servizo, continúan a rexistrarse fallos a nivel global, e a propia páxina web que indica o estado do servizo da PlayStation Network segue a dar a incidencia por activa.
Sorprende a longa duración da incidencia que, se ben en Europa cadra coa madrugada e a mañá, polo que afecta a poucos usuarios, nos EE.UU. supuxo basicamente un dÃa sen servizo.
Sony segue sen dar explicacións oficiais sobre o que está a acontecer, pero resulta curioso que esta incidencia teña lugar pouco despois de ter recoñecido un fallo técnico que provocou que nas fichas dos xogos dentro dos menús da consola aparecesen imaxes de fondo incorrectas, dando a impresión de que estaban a amosar publicidade, para indignación de moitos usuarios.
ACTUALIZACIÓN: No contorno das 13:00 horas comezou a recuperación da normalidade a PlayStation Network, polo que estivo preto de 10 horas caÃda, seguido dunhas horas máis de funcionamento inestable.