Este sábado comezan as emisións por satélite da Televisión de Galicia para Europa en alta definición, de xeito que os galegos espallados por territorio europeo que desexen continuar a ver a TVG deberán resintonizar o seu receptor de satélite para poder gozar do novo sinal cunha maior calidade de imaxe e son.
Durante o mes de febreiro emitirase o sinal simultaneamente en definición estándar e alta definición, pero en marzo as emisións en definición estándar cesarán de aí que sexa preciso resintonizar as canles o antes posible. Este cambio de emisións no satélite Astra aprovéitase para incorporar tamén os sinais de Radio Galega e Radio Galega Música, que ata o momento só chegaban por satélite ao continente americano.
A TVG inicia emisións en HD para Europa
Compartir Este Artigo
