A USC e Televés promoven unha cátedra de Microelectrónica
mércores, 19 de novembro do 2025

- A Cátedra presentouse no Paraninfo da USC
- Imaxe de Santi Alvite
Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación oficial da Cátedra USC–Televés de Microelectrónica, unha iniciativa estratéxica que nace no marco do PERTE Chip e que busca posicionar Galicia no mapa europeo do deseño microelectrónico. O acto, celebrado no Paraninfo da Facultade de XeografÃa e Historia, estivo presidido polo reitor da USC, Antonio López, e contou coa participación da conselleira de EconomÃa e Industria, MarÃa Jesús Lorenzana, quen aproveitou a ocasión para anunciar que a Xunta aprobará en 2026 a nova Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia, orientada a industrializar o coñecemento tecnolóxico xerado na comunidade.
A cátedra, liderada desde o CiTIUS baixo a dirección cientÃfica de Paula López MartÃnez, intégrase nun ecosistema investigador que inclúe centros da USC como o CiQUS, o IGFAE e o iMATUS, ademais do CESGA e do INL de Braga. O seu obxectivo é avanzar en áreas clave como o deseño de chips de radiofrecuencia, a computación cuántica, a fotónica integrada, a edge computing, as arquitecturas avanzadas para intelixencia artificial e o desenvolvemento de novos semicondutores de alta eficiencia.
No acto interviñeron representantes do ámbito institucional, académico e empresarial. O reitor Antonio López salientou o papel das universidades na xeración de coñecemento útil e transferible: «As universidades temos que ofrecer formación e xerar coñecemento pero este debe ser útil, o que significa ser transferible co fin último de mellorar as nosas vidas», afirmou, engadindo que a iniciativa «é unha boa mostra deste compromiso, apoiado pola iniciativa privada».
Pola súa banda, a responsable cientÃfica da cátedra, Paula López MartÃnez, incidiu en que o proxecto «busca promover a investigación, formación e transferencia nestas áreas cruciais, dando resposta asà á crecente preocupación pola soberanÃa dixital de Europa». Destacou tamén o papel da Corporación Televés como socio tecnolóxico imprescindible, subliñando que a súa colaboración é «crucial, tanto á hora de afrontar os retos tecnolóxicos como na transferencia de coñecemento á sociedade».
O director xeral de Televés, Gonzalo Redondo, cualificou a alianza como unha oportunidade histórica: «unha grande empresa familiar cuxo crecemento pasa pola microelectrónica», dixo, expresando a súa satisfacción por unha cátedra que, ao seu xuÃzo, «sen dúbida vai contribuÃr á transferencia de coñecemento da Universidade de Santiago, que demostra entender e atender asà as demandas da sociedade».
Desde o Ministerio para a Transformación Dixital e a SETT, José MarÃa GarcÃa Orois lembrou que «o Goberno sempre tivo claro que, sen a creación de talento e a investigación básica e fundamental que crean as universidades, o PERTE Chip non lograrÃa o seu propósito», e puxo en valor a orientación do proxecto cara a áreas de fronteira como o edge computing, a fotónica e a cuántica.
A conselleira MarÃa Jesús Lorenzana enmarcou a iniciativa dentro da estratexia económica da Xunta e ligouna directamente coa nova planificación que o Goberno galego aprobará o vindeiro ano. Lembrou que o reto é industrializar a innovación xerada no paÃs: «trátase de impulsar a autonomÃa estratéxica da comunidade fomentando que se poida producir tecnoloxÃa galega e bens de equipo de fabricación propia. É clave para que as empresas galegas poidan estar no mundo». A cátedra, subliñou, encaixa «cos sectores tradicionais, como a automoción, e con outros estratéxicos neste momento, que son a seguridade e o aerospazo», ademais de conectar coa revalorización das materias primas crÃticas.
Lorenzana tamén destacou o enfoque formativo: a cátedra está dirixida tanto a estudantes como a profesionais en activo, nun momento no que, segundo dixo, as empresas demandan talento transversal. «Todo o que supoña especializar profesionais na microelectrónica pode ser un bo camiño para fortalecer as capacidades de Galicia en sectores nos que a Xunta está facendo unha firme aposta como o da seguridade e o aerospazo», engadiu.
O acto concluÃu cun encontro no claustro da facultade, onde representantes de centros de investigación, empresas e administracións intercambiaron impresións sobre o papel que Galicia está chamada a desempeñar na futura cadea de valor europea do chip e sobre o encaixe desta nova cátedra na estratexia de innovación que a Xunta prevé activar en 2026.
