A Xunta promove a transformación dixital do comercio galego
venres, 17 de outubro do 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inaugurou hoxe no GaiásTech a xornada Impulsando o comercio galego: Innovación, dixitalización e experimentación, organizada pola Xunta de Galicia no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño.
José González subliñou a relevancia deste encontro como punto de encontro para compartir coñecemento, sumar esforzos e ofrecer ferramentas que reforcen a competitividade do tecido comercial galego nun momento de profunda transformación global. Agradeceu tamén a colaboración do GaiásTech e da AMTEGA pola súa implicación no avance tecnolóxico e na modernización do comercio galego.
O conselleiro explicou que un dos tres eixos do Plan estratéxico do comercio é o impulso da competitividade, mediante a formación continua e o aproveitamento das novas ferramentas dixitais como oportunidade para mellorar a xestión, enriquecer a experiencia de compra e conectar con novos públicos. Reafirmou ademais o compromiso do Goberno galego cun sector que dá emprego a preto de 107.000 persoas e que seguirá a ser prioritario nos orzamentos do próximo ano.
Adiantou tamén que en 2026 se consolidarán as principais liñas de apoio ao sector, especialmente as dirixidas á dixitalización, modernización e sustentabilidade dos establecementos comerciais e artesanais, xunto con iniciativas xa consolidadas de dinamización, como os Bonos Activa Comercio. Lembrou que haberá unha nova edición antes de que remate o ano e outra en 2026, e destacou que esta medida, ademais de funcionar como estÃmulo económico, se converteu nunha relevante campaña de promoción do comercio local. A edición celebrada en xuño, dotada con dous millóns e medio de euros, esgotouse en só dous dÃas e medio.
En relación coa remuda xeracional, José González insistiu na importancia de garantir o relevo no comercio galego como condición esencial para asegurar o futuro do sector. Neste sentido, puxo en valor a aposta da Xunta por atraer novas xeracións tanto como consumidores coma como emprendedores.
Entre as medidas previstas, mencionou as futuras bolsas para aprendices complementarias ao programa Aprender da tradición, dotadas con un millón de euros en 2026 e destinadas a fomentar o relevo xeracional na artesanÃa. Destacou tamén o papel da Rede de polos, que ofrece asesoramento en materia de emprendemento e dispón dunha bolsa de remuda que conecta a quen desexa traspasar o seu negocio con quen quere continuar a actividade. Ademais, lembrou a campaña LocalÃzate, dirixida ao alumnado da ESO e de ciclos formativos básicos, orientada a fortalecer os vÃnculos co comercio de proximidade, da que xa está en marcha unha nova edición. Todas estas accións intégranse no Plan estratéxico do comercio de Galicia, unha folla de ruta dotada con 320 millóns de euros e composta por máis de setenta actuacións.
A xornada Impulsando o comercio galego, que se prolongará ata a tarde, combina mesas de casos de éxito de comercios de proximidade galegos con espazos de demostración tecnolóxica e talleres prácticos dedicados a ámbitos como as redes sociais, o escaparatismo, o márketing dixital ou a implantación da factura electrónica. Conta tamén con zonas de networking pensadas para favorecer o intercambio de experiencias e colaboracións entre profesionais, empresas e institucións.
