A Xustiza estadounidense quere que Chrome deixe de ser de Google
luns, 10 de marzo do 2025
O Departamento de Xustiza dos EE.UU. e unha coalición de 38 fiscais xerais estatais seguen buscando unha orde xudicial que obrigue Google a vender o seu navegador Chrome e a tomar outras medidas para abordar o que un xuÃz cualificou como un monopolio ilegal da busca, segundo documentos presentados en Washington.
Un voceiro de Google asegurou a Reuters que «as propostas seguen indo moito máis aló da decisión do Tribunal e prexudicarÃan os consumidores, a economÃa e a seguridade nacional dos Estados Unidos».
O que non recolle o novo texto xudicial son mencións á participación de Alphabet en Anthropic (un dos competidores máis directos de OpenAI), pois aÃnda que inicialmente aseguraban que os investimentos en IA poderÃan supor un abuso de posición dominante, agora consideran que un desinvestimento en Anthropic suporÃa unha vantaxe para OpenAI e Microsoft, danando claramente a competencia.
Alphabet presentou a súa propia proposta, que inclúe flexibilizar os acordos con Apple e outras compañÃas para que Google deixe de ser o motor de busca predeterminado en novos dispositivos, estando previsto que teñan unha audiencia ante o xuÃz federal Amit Mehta no mes de abril.