A aplicación móbil de rastrexo de contactos para frear o coronavirus xa pode descargarse en toda España
luns, 3 de agosto do 2020
AÃnda que en xuño anunciouse
o inicio da fase de probas da aplicación española de rastrexo de contactos
para loitar contra a pandemia empregando tecnoloxÃa de Google e Apple, confiándose
en que a aplicación puidese pasar a empregarse masivamente no mes de outubro,
semella que a situación sanitaria está a forzar a pisar o acelerador, e a
aplicación Radar COVID está xa dispoñible
para a súa descarga para Android e para iPhone
en toda España, e non só en La Gomera,
onde tiveron lugar as probas.
Deste xeito podemos xa operar con esta ferramenta que valéndose do Bluetooth do
móbil permÃtenos manter un rexistro doutros móbiles equipados coa mesma
aplicación de xeito que se un dos seus usuarios rexistra un positivo en COVID-19
pode notificalo para que os dispositivos que estivesen preto durante un tempo
relativamente prolongado reciban un aviso alertando para instar ao illamento e
á realización dunha proba para comprobar se un está infectado polo coronavirus,
facilitando asà a mitigación da pandemia, grazas a que esta ferramenta, de
empregarse masivamente, servirÃa para identificar rapidamente a posibles
contactos dun infectado.
A aplicación demostrou tecnicamente a súa viabilidade, podendo contribuÃr de
xeito decisivo nos sistemas de rastrexo de contactos establecidos polos
sistemas de saúde, de xeito que agora queda que as distintas comunidades
autónomas decidan se queren implantar esta ferramenta que promete ser de grande
utilidade á vez que protexe a privacidade dos usuarios, xa que nin os
identifica persoalmente nin rexistra a súa posición GPS, ou sexa, que limÃtase
a rexistrar contactos e a achegar información de utilidade sobre como actuar en
función do nivel de risco que teñamos.