A ciberseguridade centrou a cuarta edición do Foro Rexional ISMS Forum de Galicia
mércores, 12 de abril do 2023
- Na esquerda, Fernando Suárez, presidente do CPEIG, e á dereita, Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
O
CapÃtulo Galego de ISMS Forum celebrou na mañá deste 12 de abril,
mércores, a cuarta edición do Foro
Rexional ISMS, no Galicia Abanca Auditorium da Coruña.
Interviñeron, entre outros, Julián Cerviño, director da Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que abordou
os desafÃos que expón a Intelixencia artificial en materia de
privacidade e seguridade. Tamén participou na sesión Fernando
Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaria en
Informática de Galicia (CPEIG).
O
colofón a este cuarto Foro Rexional de Galicia foi a presentación
do proxecto colaborativo Cybersecurity in a box, unha
ferramenta dirixida ás pemes centrada en propoñer unha metodoloxÃa
e un rexistro de solucións, tanto gratuÃtas como de pago, para que
as empresas poidan ir mellorando a súa situación en materia de
ciberseguridade.
Entre
os relatores figuraban Roberto Baratta, director de continuidade de
negocio e seguridade de Abanca, Noemà Gil, directora TIC da empresa
galega CONGALSA, EfraÃn Gamboa, enxeñeiro de vendas de Crowdstrike,
Jesús DÃaz, director de EnxeñarÃa de Sistemas de Seur, Fede
Vadillo, enxeñeiro de solucións sénior de Akamai, Roberto Heker,
director de NextVision, ou Javier Larrrea, responsábel de seguridade
da información de Gadisa, Samuel Bonete, responsábel de vendas en
España de Netskope, Rafael San Miguel, enxeñeiro de solucións de
dato de Cipher, Samuel Sancho, enxeñeiro sénior de solucións en
Devo, David González, CISO en Coren, Carlos Pérez, CISO en Abanca,
Gary Robertson, responsábel de Ecix Regtech, Alexandra Juanas,
delegada de protección de datos de MásMóvil, Susana Rey, delegada
de protección de datos en R, Carlos López, responsábel de risco
dixital en Hijos de Rivera, e Ignacio Hornes, responsábel de
protección de datos en Imotion Analytics.