A conselleira delegada de Ono augura a compra de R por parte de Vodafone
martes, 25 de marzo do 2014
RosalÃa Portela, conselleira delegada de Ono dende maio de
2009, concedeu unha
entrevista para o xornal ABC, no que fai balance da compra da súa compañÃa
por parte de Vodafone, asegurando que tiña claro que o destino de Ono era
integrarse nunha empresa de maior tamaño para desenvolver o seu potencial, o
que considera positivo para a empresa e para os seus clientes.
Portela insiste en que Ono vai continuar a funcionar do mesmo xeito tras a
consolidación da operación de adquisición, mantendo equipo e produtos, polo que
os clientes non deberÃan preocuparse. Os cambios chegarán no futuro, cando
esperan poder beneficiarse mutuamente complementando servizos: Vodafone achegarÃa
rede móbil e Ono rede fixa, permitindo asà unha converxencia de servizos.
Pero un dos detalles que pódenos tocar máis de preto das declaracións da
directiva da compañÃa de cable é que considera que os operadores Telecable,
Euskaltel e R precisan tamaño, polo que augura que rematarán integrándose na
súa compañÃa (aÃnda que matizando que ten que existir un entendemento entre todas
as partes para que aconteza tal).
