Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A industria intelixente do mundo pon a vista na nova edición das JAI, na UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A industria intelixente do mundo pon a vista na nova edición das JAI, na UVigo

S. P.
Publicado: 15/11/2022
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inauguracion_jai1.jpgVigo está estes días (ata o venres 18 de novembro) no punto de mira de todas as persoas que e adican a investigar, en Galicia, España e Europa, con tecnoloxías intelixentes que nos axudan a producir mellor e máis eficientemente, de forma máis racional e rendible e respectuosa co medio ambiente. O motivo é a oitava edición das Xornadas de Automatización Industrial (JAI) da Universidade de Vigo, impulsadas unha vez máis polo profesor e investigador Ignacio Armesto. Este luns arrincaron as actividades con máis de 1.000 persoas rexistradas e 125 empresas participantes. O programa inclúe medio cento de conferencias.
Inauguración oficial
A inauguración oficial tivo un escenario duplo: primeiro, nun ateigado salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, coa intervención de múltiples autoridades e, a continuación, no vestíbulo central da Escola de Enxeñería Industrial, onde, como xa é tradicional, instalouse a sala de demostracións Industria 4.0, na que as empresas participantes, máis de 35 firmas moi recoñecidas no sector, realizaran exhibicións das últimas tecnoloxías en automatización e robótica.
jai2.jpg A inauguración das xornadas, presidida polo reitor da Universidade de Vigo Manuel Reigosa, deixou patente a necesidade de transformar tecnoloxicamente a industria. “Estamos a vivir unha oportunidade e un momento histórico para Galicia e para España”, subliñou o reitor, facendo fincapé en que, se ben, “perdéronse moitos trens ao longo da historia, por cuestións xeográficas ou administrativas, nestes intres hai a oportunidade de estar en primeira liña, entre outras cousas, polo poderoso vento que chega de Europa, en forma de financiamento”. Centrándose no caso concreto de Galicia, o reitor fixo fincapé en que se levan moitos anos facendo os deberes e cóntase con “tres boas universidades”, que lanzan ao mercado talento moi ben formado “que pode competir con calquera persoa do mundo”, pero que, “a maiores”, estase facendo o esforzo de ir por diante.
Á boa formación das enxeñeiras e enxeñeiros formados en Vigo fixo tamén mención o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, quen coincidiu co reitor en afirmar que a sociedade vive un “cambio de paradigma a todos os niveis” e, dentro deste cambio, un dos vectores que mellor o representan é o continúo desenvolvemento tecnolóxico. “Nesa liña, xornadas como estas poñen de relevo as boas sinerxías que resultan da unión entre o mundo educativo e o profesional”.
jai3_0.jpg Con emisión en directo a través da canle1 de UVigoTV, a 8ª edición das JAI achega múltiples novidades no seu programa, incluídas catro mesas redondas, dúas moderadas por ISA Spain e as outras dúas por AER Automation, centradas en ciberseguridade, mantemento preditivo, robótica móbil e visión e Intelixencia Artificial; unha gran exposición de robótica, co dobre de participantes que na derradeira edición, e a presenza de Spot Enterprise de Boston Dynamics, o cuadrúpedo co brazo máis avanzado do momento. Así mesmo, varias firmas patrocinadoras e participantes amosarán ao longo de toda esta semana os seus robots máis avanzados, nos eidos colaborativo, sensitivo e móbiles autónomos, principalmente. Ademais este ano cobran especial protagonismo neste showroom as asociacións de estudantes como UVigo SpaceLab ou UVigo Motorsport.
Amais, segundo salientan dende a organización, ao longo destes cinco días superaranse as 40 horas de conferencias e mesas redondas, impartidas por 70 profesionais, que abordarán nos seus relatorios cuestións como infraestruturas críticas, monitoraxe e control, ciberseguridade industrial e zero trust, xemelgo dixital, Intelixencia Artificial, analítica de datos, industria de proceso, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?