A inscrición ao Programa YUZZ estará aberta até o 19 de febreiro

mércores, 11 de febreiro do 2015 Redacción

A Universidade da Coruña vén de adherirse ao Programa YUZZ orientado á captación e promoción da xente nova con proxectos de negocios, e dá conta do mesmo agora que bota a andar a súa sexta edición. Este proxecto está coordinado polo Centros Internacional Santander de Emprendemento (CISE) coa colaboración de numerosas entidades públicas e privadas, e leva máis dun par de anos con actividade en Galicia.
O programa vai dirixido a mozos de entre 18 e 31 anos que, de seren seleccionados, desenvolverán o seu proxecto durante 5 meses co apoio, formación e asesoramento de expertos profesionais pertencentes a empresas de prestixio.
Finalizado o proceso de formación e asesoramento, os mellores proxectos de cada un dos Centro YUZZ realizarán unha viaxe a Silicon Valley. Alén disto, os tres mellores proxecto do Estado recibirán unha dotación para poñer a andar o negocio: 30.000 euros para o primeiro, 20.000 euros para o segundo e 10.000 euros para o terceiro.
A convocatoria para participar no programa está aberta ata o 19 de febreiro a candidatura deberase facer a través da páxina web oficial do Programa. Este programa supón unha grande contribución á empregabilidade do estudantado.

PUBLICIDADE