A terceira edición do Foro Unirede destacou o papel de Pontevedra na web social
luns, 25 de novembro do 2013
A cidade de Pontevedra quixo abrirse ao mundo nos últimos
meses aproveitando as posibilidades da Internet, para o a ConcellarÃa de
Turismo local desenvolveu unha serie de iniciativa centralizadas na páxina web Visit-Pontevedra,
entre as que destaca a campaña Ponte al
loro protagonizada polo papagaio de Pontevedra, Ravachol, que percorreu
distintas localizacións para dar a coñecer a cidade galega. E toda esta
actividade potenciada polas redes sociais foi o catalizador que fixo que o Foro Galego da Web 2.0, Unirede, mudase de
ano a súa sede, para celebrarse no Centro Social de Novacaixagalicia, onde uns
140 profesionais do sector xuntáronse para enriquecer o seu coñecemento
neste ámbito e relacionarse con outros axentes do social media galego.
A actividade que abriu a xornada do sábado, na que se desenvolveu o formal Foro
Unirede, foi un relatorio sobre a presenza da marcas nas canles 2.0 impartida
por Fátima MartÃnez, blogueira e
directora executiva en Social Media Fidelity Management e directora do Master
Executivo en Social Media e Marketing Dixital da Universidade de Alacante en
Madrid. MartÃnez expuxo numerosos casos de uso de Facebook, Twitter e mesmo
aplicación móbiles por parte de marcas para potenciar a súa imaxe a través das
TIC, conseguindo captar tal interese que o hashtag
#unirede converteuse en trending topic
estatal.
Tras ver moitos grandes exemplos de aproveitamento da Internet por parte das
marcas, chegou unha visión máis humana, achegada polo cociñeiro Pepe Solla, que quixo
destacar en todo momento que a súa presenza nas redes sociais é persoal, e como
exemplo desta filosofÃa, o estrela
MichelÃn apareceu ante o auditorio cun lentes vermellos para dar conta da campaña ¿Con que ojos estás viendo el mundo?,
iniciativa á que quixeron sumarse o condutor do evento, o comunicador José Manuel GarcÃa e a concelleira local, Carlota Román, que
presentou a campaña de promoción Where is
Ravachol, da que deron detalles no encontro, asà como presentaron o vÃdeo
no que se resume a viaxe do papagaio pontevedrés:
Tras un breve descanso, retomou a sesión matinal Javier Sanz, autor do blog Historias de la Historia, que
contou a súa experiencia que o levou do blog ao éxito, dando conta de como,
partindo de vivir unha afección no seu blog, conseguiu colaborar en varias
emisoras de radio, escribir para numerosas revistas e incluso publicar varios
libros.
Para pór peche á sesión matinal, abriuse a porta a un par de experiencias de
interese, para dar a coñecer a súa historia aos asistentes. Comezou Alicia Gil, quen explicou a súa viaxe
profesional no mundo da moda e a beleza; tomou o relevo Edurne Baines, quen
este ano veu como o seu proxecto Vivir
Galicia conseguiu o recoñecemento como Mellor Blog
TurÃstico no MexilOnseTuits; e Jorge
Guitián e Anna Mayer conseguiron
chamar a atención co seu proxecto
#5eurosaldÃa, co que quixeron demostrar que é posible comer ben, san e variado
4 persoas por 5 euros/dÃa realizando un consumo eficiente.
Xa pola tarde LuÃs Taboada e Marcos Suárez, de Qubitia Solutions, contaron a
súa experiencia como empresa galega que foi á busca de fortuna a Silicon
Valley. Esta compañÃa xa fora galardoada hai poucos
meses pola edición galega do Premio Emprendedor XXI de La Caixa.
A este proxecto seguino outra iniciativa á que nos temos achegado en varias
ocasións, 4gotas,
que presentouse ao público da man de Beatriz
Hervella, que contou moitos detalles do seu proxecto e adiantou algúns
detalles dos pasos que vai seguir, deixando claro que é posible innovar incluso
en ámbitos que parecen tan establecidos como o da meteoroloxÃa.
A parte central da sesión vespertina repartiuse en 3 mesas redondas temáticas,
das que destacaremos a de Comunicación e TecnoloxÃa, na que puidemos coñecer os
puntos de vista de Fernando RodrÃguez (Briefing Galego), Manuel Bustabad (Expreso.info), Laura Camino e David Serantes sobre varios dos retos
que está a afrontar o ámbito da comunicación para sobrevivir nun contorno
constantemente cambiante, dando conta do forte impacto que están a ter os novos
hábitos de consumo provocados pola banda larga móbil e dispositivos como os
smartphones e os tablets; asà como as dificultades de facer sustentable a
creación de contidos a través da publicidade ante a dificultade de cobrar aos
lectores pola información.
A xeito de colofón do encontro, Diego
Pons (Viajando con Diego),
contou a súa transición de guitarrista a videoblogueiro de viaxes e aventuras
polo mundo. Deu conta dos sacrificios que tivo que facer ata conseguir acadar
un éxito que puidese converter a súa actual paixón nunha actividade profesional
que consiste en publicar vÃdeos dando a coñecer distintos lugares do mundo,
servindo como exemplo a súa viaxe por Pontevedra:
Tras todas estas experiencias para confirmado que o
ano que vén o Foro Unirede volverá a ser o punto de encontro dos profesionais
do social media, que aproveitan este
tipo de xuntanzas para facer networking
e coñecer os numerosos proxectos que nalgúns casos se coñecen antes fóra das
nosas fronteiras, de aà que sexa necesario dende o que reivindicar a fortaleza
deste sector na nosa terra.

- A experiencia de Javier Sanz a partir do seu blog cautivou ao auditorio

- Edurne Baines contou a súa boa experiencia con Vivir Galicia

- Bea Hervella deu conta da súa experiencia en 4gotas.com

- Anna Mayer e Jorge Guitián explicaron como é posible que unha familia poida comer por 5 euros ao dÃa

- Alicia Gil deu conta da súa experiencia persoal na sesión matinal do Foro Unirede

- Diego Pons narrou a súa metamorfose de guitarrista a videoblogueiro

- Para pechar o encontro dun xeito divertido, repartÃronse varios bolsos de muller por cortesÃa dun dos participantes no encontro

- O sorteo de bolsos gozou da complicidade de todos os asistentes

- José Manuel GarcÃa aproveitou o encontro para retratar un dos seus habituais avistamentos

