A toponimia e as TIC centran en setembro unha xornada estatal no Gaiás
luns, 31 de xullo do 2023
O
próximo 21 de setembro celebrarase na Cidade da Cultura de Galicia a
VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, co
título Os nomes
xeográficos e o mundo dixital. A Xornada
está organizada pola Comisión Especializada de Nombres Xeográficos
e o Instituto Geográfico
Nacional, en colaboración coa Xunta de Galicia (Secretaría
Xeral de Política Lingüística)
e a Real Academia Galega.
Segundo
explican as entidades responsábeis do encontro, os nomes xeográficos
son o reflexo do proceso de humanización e caracterización do
territorio, así como da evolución da paisaxe ao longo da historia.
E engaden: “Os topónimos son o sangue vital da cartografía, pois
describen unhas categorías físicas e culturais a múltiples
escalas, e forman unha parte fundamental do noso patrimonio cultural
inmaterial, polo que é necesario conservalos, normalizalos e
difundilos usando as TIC co obxectivo de proxectalos
cara ao futuro”.
A
organización do evento porá o foco nos recursos dixitais adaptados
aos novos retos da sociedade actual que nos permiten fomentar o uso
da toponimia normalizada e aproveitala para a investigación en
diversas disciplinas ou para a xestión do territorio.
Programa
provisional
Xoves
21 de setembro
09:30
– 10:00 Inauguración por parte de autoridades e de organizadores
10:00
– 11:30 Primera sesión científica (3 relatorios que determinará
a organización)
11:30
– 12:00 Descanso. Café. Convite da organización
12:00
– 13:30 Segunda sesión científica (3 relatorios que determinará
a organización)
13:00
– 16:00 Xantar (libre)
16:00
– 17:30 Terceira sesión científica (3 relatorios que determinará
a organización)
Propostas
de comunicación aceptadas
Galicia
Nomeada: toponimia colaborativa
Vicente
Feijoo Ares
Últimos
avances no Nomenclátor Xeográfico de Andalucía
Mª
Teresa Garrido Borrego
A
toponimia en mapas antigos como ferramenta para trazar a súa liñaxe:
A transmisión do topónimo “Elcano” na cartografía dos séculos
XVI-XVII
Marcos
F. Pavo López
O
nomenclátor xeográfico das Illes Balears e el visor de xestión,
actualización e consulta
Eulàlia
Fons Carbonell
Innovacións
no Nomenclátor do INE
Mª
Natalia Fojo Diaz
Elaboración
da segunda edición das Directrices toponímicas de uso internacional
para editores de mapas, cartas náuticas y otras publicaciones
Maite
Mollà Villaplana
Proceso
de normalización da toponimia xeográfica no Principado de Asturias
Juncal
Mónica García Velasco
O
novo visor do Nomenclátor Geográfico Nacional
Angélica
Castaño Suárez
Esta
xornada está dirixida ao público en xeral co interese no tratamento
dos nomes xeográficos. A
asistencia é gratuíta previa inscrición, ata completar o aforo.
O prazo para anotarse remata o 11 de setembro de 2023.