AGalega estrea Xogando en galego este xoves
mércores, 28 de agosto do 2024
Co gallo da celebración do Día Mundial do Videoxogo, este xoves a AGalega estrea o programa Xogando en galego, no que Ángela Triana e Jon Amil baixo a batuta de Iago Gordillo (Recuncho Gamer) fan un repaso por cinco videoxogos en galego que podemos atopar actualmente no mercado.
Xogando en galego é unha produción de capítulos de 2 minutos de duración presentados por avatares animados e cun ton desenfadado, que nestas cinco entregas achegaranse á aventura gráfica pixelada Yuppie Psycho, ao matamarcianos Fullblast, o quebracabezas colorido Magic Twins, o xogo de motor con aire retro Super Woden GP 2 e o xogo de carrilanas Gran Prix Turbotalina. Temos así unha curiosa mostra para amosar ao público que é posible gozar de videoxogos en galego.
- Super Woden GP 2 é un dos xogos en galego que explorarán no novo programa de AGalega