Aberto o prazo para votar no AI Song Contest 2023
martes, 17 de outubro do 2023
Despois dun mes
de deliberación, o panel de expertos do AI
Song Contest escolleu as 9 cancións finalistas que se sumarán a Galicia na
Gran Final o vindeiro 4 de novembro na Coruña. A candidatura galega competirá
contra unha decena de paÃses coma Alemaña, Canadá, España, Estados Unidos,
India, PaÃses Baixos, Portugal, Reino Unido e Suecia. Florespiña é o tema impulsado polo equipo PAMP!,
que recupera coa IA a famosa cantante, presentadora e actriz Ana Kiro, e conta
coa colaboración do CiTIUS. A iniciativa está liderada polo director creativo
Joel Cava, responsable da delegación galega e produtor executivo da edición
2023 do festival.
Até o 30 de
outubro, o
público pode votar de balde pola súa proposta favorita a través da páxina
oficial do concurso. Ademais do premio popular, a novidade deste ano, o
gañador total decidirase pola combinación dos puntos do 50% do televoto e dun
50% dos especialistas, e anunciarase no programa de televisión en directo que
se celebrará en Studio Follow, onde a cultura galega estará moi presente. As
entradas da gala están á venda a
través da plataforma Ticket Hoy.
Florespiña rende homenaxe a Ana Kiro cunha viaxe
musical do pasado ao futuro da intérprete, pasando pola verbena, a música
tradicional, o trap e a electrónica, co obxectivo de inmortalizar e
resignificar o seu legado ás novas xeracións empregando a intelixencia artificial
de xeito respectuoso. A obra conta coa aprobación expresa e recoñecemento da
familia. MarÃa Dolores Casanova González (1942-2010) foi unha muller adiantada
ao seu tempo: feminista, galeguista e progresista, un exemplo de resiliencia
que se personifica na imaxe da flor do toxo, que medra nos lugares máis
inhóspitos e simboliza a resistencia do pobo galego, quen sempre soubo
sobrepoñerse malia as adversidades. O tema pódese escoitar nas principais
plataformas en liña, e xa superou as 7.000 reproducións dende a súa estrea.
As responsables
desta iniciativa pioneira levan por nome Ana MarÃa Prieto, un proxecto
de investigación como tributo á primeira muller programadora informática
galega. O grupo está formado por Juan Alonso, Javi Cardama (CiTIUS), César DÃaz
(CiTIUS), Fernando Estévez (CiTIUS), Camille Hedouin (Mounqup), SofÃa Infante,
Ruben Laso (CiTIUS), Eva Outeiro, Xandre Outeiro, David Santos e Marta Verde,
coordinados por Joel Cava, e todas contemplan a intelixencia artificial só como
ferramenta colaborativa e complementaria ao traballo musical, nunca substituta
das persoas, onde estas son as únicas decisoras e supervisoras do proceso
creativo, e sempre seguindo un uso ético, responsable e transparente para
promover a lingua e cultura de Galicia.