Adobe ultima a súa aplicación de debuxo para o iPad
luns, 12 de agosto do 2019
No mes de xuño anunciouse
unha aplicación de debuxo desenvolvida baixo o proxecto Gemini que finalmente
levará por nome Adobe Fresco e que busca que usuarios de iPad e outros dispositivos
táctiles e con lapis dixitalizador poidan gozar dunha experiencia de debuxo e
pintura moi próxima á do uso de materiais tradicionais, trasladando asà ao
dixital a sensación orgánica de utilizar papel, lapis, acuarelas, xiz e
diferentes tipos de pintura.
Adobe Fresco é unha
aplicación orientada a artistas, ilustradores, animadores, bosquexadores ou calquera
que queira debuxar ou pintar, que distánciase do Photoshop aproveitando a súa
tecnoloxÃa (permite o uso dos pinceis de Photoshop), pero centrándose no uso de
acuarelas, óleos e outros materiais de debuxo para conseguir lenzos moi
semellantes aos reais, conseguindo incluso certo efecto tridimensional da
pintura.
Esta ferramenta busca que o proceso de ilustración poida realizarse
dun xeito moito máis áxil, facilitando o illamento de partes, permitindo o uso
de máscaras e incluso con vantaxes como permitir a configuración da interface
en función da man coa que queiramos debuxar e podendo amosar o lenzo a pantalla
completa para evitar distraccións.
Fresco é compatible cos formatos gráficos habituais de Adobe, e
está previsto que chegue a finais de ano á App Store para o seu uso nos iPad
con soporte de Apple Pencil, para contar máis adiante con versións, aÃnda que tamén
está previsto que máis adiante chegue a dispositivos Surface e a Wacom Mobile
Studio Pro (aÃnda que sen prazos previstos para tal lanzamento). Para poder
gozar desta ferramenta será preciso contar cunha subscrición a Creative Cloud.