Alcalde Corrupto, xa dispoñÃbel para iOS
luns, 22 de xuño do 2015
Os estudios galegos
MeigaLabs veñen de
anunciar que xa
teñen dispoñÃbel para descarga a versión iOS do seu xogo Alcalde
Corrupto. Como lembraremos, trátase dun xogo desenvolvido en
clave crÃtico-humorÃstica sobre un problema que nos acompaña todos
os dÃas nos medios de comunicación e para o que moitos de nós
estabamos devecendo por algún tipo de desafogo retranqueiro. No
xogo, de feito, encarnaremos a un rexedor corrupto cuxo obxectivo
principal é amasar unha fortuna para a súa conta de SuÃza.
Poderémolo facer recollendo billetes (cantos máis mellor, claro) ou
realizando contratos non moi legais (enchufando parentes, sendo un
cacique en toda regra) e tomando "unha gran variedade de
decisións".
Amais do devandito, tamén podemos meternos na
pel dun polÃtico corrupto para facer cousas como irnos de vacacións
(intercambio cultural e de coñecemento) con narcotraficantes, mover
marcos das fincas ou sacar extractos da nosa conta en SuÃza para
compartir e gabarnos da cantidade acubillada.
O
xogo achégase tamén para a plataforma Android.