Amazon instala un dos seus armarios de recollida de paquetes na Coruña
martes, 28 de novembro do 2017- Os Locker de Amazon teñen nome. O localizado en Marineda City chámase Ana.
Para os usuarios que non estean habitualmente no seu
domicilio Amazon ofrece distintos puntos de recollida repartidos por toda a
xeografÃa española, aos que agora súmanse os Amazon Lockers, unha serie de
armarios repartidos por máis de 120 puntos de España dos que polo momento só
hai un en Galicia, concretamente no centro comercial Marineda City da Coruña.
Estas taquillas automatizadas están repartidas
principalmente en estacións de servizo Repsol, restaurantes de Telepizza, supermercados
Dia, rochos OhMyBox e centros comerciais, ou sexa, lugares principalmente de paso
non que resulte cómodo pasarse de camiño ao fogar para recoller un paquete.
Para facer uso de Amazon Locker
chega con que, ao realizar un pedido en Amazon.es, elixamos un enderezo de
recepción alternativo, aparecendo alà como opción o Locker que teñamos máis
próximo, para despois recibir unha notificación por correo electrónico cun
código único, a localización do Locker e o seu horario, de xeito que nos tres
dÃas seguintes poderemos achegarnos alÃ, introducir o código manualmente (ou escanear o código de barras
correspondente) e asà poder acceder ao caixón no que se garda o paquete
dirixido a nos. Temos asà un método de recepción de paquetes que non só é
cómodo, senón tamén seguro.
- InfografÃa na que se explica o funcionamento de Amazon Locker