Amazon mata a súa produtora de podcasts Wondery
martes, 5 de agosto do 2025
Amazon acomete unha importante reorganización da súa división de audio, que inclúe a desintegración operativa de Wondery, a súa rede de podcasts adquirida en 2020 por preto de 300 millóns de dólares, e a supresión duns 110 postos de traballo. O obxectivo é adaptar o negocio ao novo paradigma do sector, marcado pola crecente integración do vÃdeo e polos formatos liderados por creadores con forte presenza en plataformas como YouTube.
A reestruturación supón a saÃda da directora executiva de Wondery, Jen Sargent, e a redistribución das súas operacións en dúas grandes áreas: Audible, a plataforma de audiolibros de Amazon, e un novo equipo de servizos para creadores, que acollerá programas centrados en figuras mediáticas como o dos irmáns Kelce ou Dax Shepard. Estes cambios foron comunicados a través dunha nota interna asinada por Steve Boom, vicepresidente de audio, Twitch e videoxogos en Amazon.
A marca Wondery manterase visible en parte dos contidos xestionados polo novo equipo de creadores, mentres que a aplicación móbiles Wondery+ continuará dispoñible polo momento.
