Anthem sae á venda para Xbox One, PS4 e PC
venres, 22 de febreiro do 2019
Dende
hai unha semana os subscritores de Origin Access Premier poden gozar do xogo Anthem, e hoxe chegou o momento para
o resto de xogadores, que por fin poden acceder a un dos grandes lanzamentos de
Electronic Arts para a primeira metade do ano. Este esperado xogo pode xa mercarse para Xbox
One, para
PlayStation 4 e para PC, ofrecendo
un rico mundo que explorar dentro dunha armadura chamada alabarda que fai que
moitos consideren que estamos ante unha sorte de simulador de Iron Man, o que ten certo atractivo, aÃnda que o feito
de que durante unha semana houbese xogadores probando o que serÃa o tÃtulo
final reduciu bastante a expectación inicial, por considerase que o xogo, pese
ao seu grande potencial, aÃnda está sen
rematar, ou sexa, que haberá que agardar semanas para poder valorar se os
contidos deste tÃtulo (e o seu acabado técnico) están á altura do que se espera
dunha superprodución tan ambiciosa.
Cómpre lembrar que a expectación por este xogo era moi elevada porque o estudio
detrás do mesmo é BioWare, responsable de franquÃas como Dragon Age e Mass Effect,
pero establecer paralelismos non parece moi atinado, xa que os grandes xogos da
compañÃa eran principalmente de rol, mentres que este tÃtulo é un shooter en terceira persoa nun mundo
compartido, que ten moito que demostrar, principalmente á hora de facer que o
xogo non sexa repetitivo e ofreza unha experiencia que permita que os xogadores
destinen moitas horas ao mundo de Anthem sen
perder o interese.
Tráiler de lanzamento de Anthem