Apple celebra o seu 50º aniversario
mércores, 1 de abril do 2026
Apple leva uns dÃas realizando actividades de cara á xornada de hoxe, cando a compañÃa celebra os 50 anos da súa fundación, de xeito que, tras unha actuación de Alicia Keys en Nova York, un concerto de Mumford & Sons en Londres, un completo espectáculo na China, un encontro en Washington, unha instalación artÃstica en Sidney, unha sesión artÃstica en Bangkok e unha actuación dunha banda de K-pop en Seúl, chegará un concerto privado de Paul McCartney no Apple Park, descoñecéndose polo momento se este evento se gravará para a súa publicación posterior.
Onde si está visible a celebración dos 50 anos de Apple é na portada da súa páxina web, que durante a xornada de hoxe amosa unha animación na que podemos ver un repaso por algúns dos produtos icónicos da compañÃa da mazá, como o Mac orixinal, o iMac, o iPad, a App Store, o Apple Watch, o iPhone 17 Pro, o visor Apple Vision Pro e unha representación debuxada a man do logotipo multicor da mazá que serviu de emblema da marca durante os anos no que aÃnda era unha compañÃa de informática, e non un xigante da electrónica de consumo que aborda tamén servizos moi variados.
Máis exhaustivo foi o vÃdeo compartido por Tim Cook, no que se fai unha conta atrás dende hoxe ata o ano da fundación de Apple, escollendo amosando produtos ordenados por ano, de xeito que tanto podemos ver os móbiles, portátil e accesorios actuais, ata os ordenadores Macintosh que serviron de base para unha compañÃa que realmente mudou o mundo tras unha forte crise que provocou a súa reinvención.
Cómpre lembrar que, aÃnda que o 1 de abril de 1976 é a data que están a celebrar hoxe (conmemorando o rexistro dun documento asinado polos considerados fundadores da compañÃa: Steve Jobs, Steve Wozniak e Ron Wayne), aÃnda que a creación de Apple Computer, Inc. non serÃa ata o 3 de xaneiro de 1977, xa con Ron Wayne apartado do proxecto. Neses tempos a compañÃa conseguirÃa certo éxito co Apple II, o que para moitos serÃa o primeiro ordenador persoal, pero nos anos 80 compañÃa pasou por malos momentos, o que levou expulsión de Steve Jobs da empresa, e non serÃa ata finais dos 90, co retorno de Jobs, cando Apple volverÃa ao rego e conseguirÃa triunfar a nivel global co reprodutor musical iPod, que propiciou a revolución que finalmente suporÃa o iPhone, situando a compañÃa na posición privilexiada que ten hoxe.
Para facer un repaso destes 50 anos de historia, David Pogue vén de estrear un completo libro titulado Apple: The First 50 Years, no que narran dende os primeiros anos da compañÃa (desbotando algúns dos mitos asociados aos mesmos) ata o seu enorme éxito actual, pasando polos produtos e servizos que foron un rotundo fracaso.
De cara á presentación en sociedade desta obra, o Museo de Historia da Informática (CHM) organizou un acto no que participaron boa parte dos entrevistados para a elaboración do libro, que pode verse en vÃdeo:

