Apple continúa a relaxar as condicións para publicar aplicacións fóra da App Store en Europa
xoves, 2 de maio do 2024
A tensión entre a Comisión Europea e Apple non cesa, pois a compañÃa de Cupertino ten a teima de ceder o mÃnimo posible ao abrirse á competencia en virtude da Lei de Mercados Dixitais (DMA), e para evitar ter que enfrontarse a importantes sancións anuncia hoxe novas medidas para desenvolvedores que de seguro que serán ben recibidas.
Un dos anuncios realmente era evidente: aseguran que despois de que a Comisión Europea estendese a DMA ao sistema operativo dos iPad non teñen máis remedio que facilitar a mesma apertura actual de iOS a iPadOS, o que suporá que poidan existir tendas de aplicacións de terceiros para a tableta de Apple, facilitando asÃ, por exemplo, que Epic Games poida lanzar unha tenda de seu e facilitar asà o retorno de Fortnite ao iPhone e ao iPad en Europa.
Pero a novidade máis importante das feitas hoxe foi á relativa á taxa de 0,50 euros por instalación e ano que Apple esixÃa ás aplicacións que non estivesen dentro da App Store, o que en moitas ocasións considerábase un auténtico abuso por parte de Apple, e finalmente relaxaron as condicións para cobrar esta taxa, facilitando que as aplicacións de balde que carezan de ningún tipo de monetización estean libres de cargas adicionais, o que será unha grande oportunidade para a distribución de aplicacións gratuÃtas que queiran distribuÃrse de xeito independente da tenda de aplicacións de Apple ou que non se cingan ás súas polÃticas.
Para os pequenos desenvolvedores (que ingresen menos de 10 millóns de euros ao ano) tamén se establece unha exención da taxa mencionada durante 3 anos, e se nese tempo non conseguen superar o millón de instalacións, continuarán a estar libres da polémica taxa. No caso de que o desenvolvedor consiga superar os 10 millóns de euros en ingresos (sen sobrepasar os 50 millóns de euros) durante o perÃodo de graza terÃa que pasar a pagar a taxa a partir do primeiro millón de instalacións (até un lÃmite de 1 millón de euros ao ano).