As portabilidades de telefonÃa móbil poderán facerse nun dÃa dende xuño de 2012
luns, 11 de xullo do 2011
A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), en cumprimento coa
Directiva 2009/136/CE, aprobou os procedementos para que os operadores de telefonÃa
móbil poidan facer posible a portabilidade
de liñas no prazo dun dÃa laborable.
Ata o momento o habitual era agardar ata 4 dÃas laborables para poder ter o
móbil operativo con outra compañÃa conservando o número, pero a partir de xuño
de 2012 os prazos para facer efectiva a portabilidade comezarán a contar dende
o momento no que acádese un acordo co novo operador para mudar de compañÃa (e
non cando o noso operador rexistra a solicitude).
Co novo procedemento, se un usuario solicita a portabilidade un luns (pola mañá
ou pola tarde) terá garantido o cambio de compañÃa o mércores ás 6:00 horas,
reducÃndose considerablemente o tempo no que pode cancelarse o cambio de
compañÃa (antes das 14:00 horas do dÃa anterior a que o cambio sexa efectivo) e
coa novidade de que xa non poderá cancelarse a portabilidade dende o operador
donante (teremos que contactar coa compañÃa receptora da nosa liña).
Actualmente xa é posible portar de número móbil en 1 dÃa en paÃses como Alemaña
e Reino Unido, polo que a Directiva mencionada o que busca é harmonizar este
tipo de procedemento considerado como un dereito dos clientes de telefonÃa
móbil que o ano pasado rexistrou en España 4,8 millóns de cambios.
Dende a CMT tamén aseguran estar a procurar un procedemento semellante en
axilidade para as portabilidades de telefonÃa fixa.

- Esquema da CMT sobre o novo procedemento de portabilidade móbil
