As videoconferencias en grupo a través de Skype pasan a ser de balde
luns, 28 de abril do 2014
Parece que o feito de que Google permitise videoconferencias
en grupo de balde nos seus Hangouts levou a Microsoft a reflexionar sobre a súa
polÃtica de prezos de Skype, e anunciou hoxe que a popular aplicación de
comunicación instantánea para
Windows, OS X e Xbox One xa non precisará dunha subscrición de pagamento para
poder gozar das videoconferencias grupais. Os usuarios de Skype para outras
plataformas (smartphones e tablets) poderán gozar ás videoconferencias en grupo
de balde nunha futura actualización.
Coas conferencias en vÃdeo para varios usuarios Microsoft pretende facilitar a
celebración de xuntanzas de xeito remoto, o que resulta especialmente útil en
contornos profesionais, onde cada vez é máis habitual evitar os desprazamentos fÃsicos
para as tomas de decisións en conxunto, dadas as facilidades que achegan as TIC
coas distintas tecnoloxÃas de teleconferencia.

- As videoconferencias en grupo con Skype é unha das prestacións que buscaba integrar o uso da Xbox One no ámbito profesional
VÃdeo no que explican como facer unha videoconferencia en grupo
