As vilas galegas aumentan o seu nivel de transparencia
luns, 12 de marzo do 2018

- O consistorio de Redondela nunha imaxe de José Antonio Gil para a Galipedia
Estes
días déronse
a coñecer os novos datos da plataforma-consultora Dyntra respecto do
nivel de transparencia dos concellos galegos. Ou sexa, do nivel
de fiabilidade e correspondemento entre o que os gobernos locais din
facer na Rede ante a cidadanía e o que de feito fan. Unha das
grandes sorpresas da listaxe é atopar nos postos máis alto
concellos que non acubillan grandes cidades, senón vilas de tamaño
grande ou medio. É o caso de
Redondela, de 29.000 habitantes, que aparece no posto máis alto do
ranking cunha taxa do 69.7% en materia de indicadores
conseguidos. Redondela, deste xeito, sitúase por diante da urbes
de envergadura como A Coruña (segunda no ranking, cunha
porcentaxe do 64.45%) e Pontevedra (terceira posición, 63.82%).
Na
clasificación, ocupando o oitavo posto, tamén aparecen (compartindo
puntuación en nivel de transparencia) Lalín e máis Vilagarcía.
Respecto
do caso de Lalín, o seu edil Tomás Vilariño salientou hoxe “o
esforzo que está a realizar o Concello para avanzar neste eido”,
un esforzo que xa xa permitiu pasar do posto 20 ao posto 8 en menos e
dúas semanas. O concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou tamén “o
elevado grao de cumprimento na información sobre a organización e o
patrimonio do Concello, a información contable e orzamentaria ou a
publicación de contratos, convenios e subvencións, todos eles por
riba do 60 por cento”.
Os
primeiros postos da listaxe ficarían do seguinte xeito: Redondela
(67,95), A Coruña (62,82), Pontevedra (62,18), Vigo (54,49), Ourense
(53,85), Lugo (51,92), Ferrol (50,64), Vilagarcía (46,15) e Lalín
(46,15).
