Astro Bot gaña o premio ao Xogo do Ano
venres, 13 de decembro do 2024
A pasada noite fÃxose entrega dos The Game Awards, os premios de referencia do sector dos videoxogos, nos que resultou como principal gañador o tÃtulo Astro Bot de Team Asobi, converténdose no décimo gañador deste recoñecemento. O director do estudio, Nicolas Doucet, recolleu o premio entregado por Swen Vincke, de Larian Studios, gañador na edición anterior. Durante o discurso, Doucet agradeceu ao resto do equipo o seu traballo e paixón. O xogo impúxose a outros favoritos, incluÃdo Black Myth: Wukong, asà como Metaphor: ReFantazio, Balatro, Final Fantasy VII Rebirth e Elden Ring: Shadow of the Erdtree.
Astro Bot tamén levou varios outros premios durante a noite, incluÃdos Mellor Dirección de Xogo, Xogo Familiar e Xogo de Acción/Aventura. Outros candidatos ao Xogo do Ano tamén acadaron galardóns. Balatro levou os premios ao Mellor Xogo Independente, Mellor Debut de Xogo Independente e Mellor Xogo para Móbiles. Metaphor: ReFantazio foi recoñecido como Mellor RPG e Mellor Dirección de Arte, mentres que Final Fantasy VII Rebirth fÃxose co recoñecemento á Mellor Banda Sonora e Música.
A relación completa de gañadores dos The Game Awards 2024
-
Xogo do Ano: Astro Bot
-
Mellor Dirección de Xogo: Astro Bot
-
Mellor Narrativa: Metaphor: ReFantazio
-
Mellor Interpretación: Melina Juergens como Senua en Senua’s Saga: Hellblade 2
-
Mellor Dirección de Arte: Metaphor: ReFantazio
-
Mellor Banda Sonora e Música: Final Fantasy VII Rebirth
-
Mellor Deseño de Audio: Senua’s Saga: Hellblade 2
-
Innovación en Accesibilidade: Prince of Persia: The Lost Crown
-
Xogos de Impacto: Neva
-
Mellor Xogo Secuela: Helldivers 2
-
Mellor Apoio á Comunidade: Baldur’s Gate 3
-
Mellor Xogo Independente: Balatro
-
Mellor Debut de Xogo Independente: Balatro
-
Mellor Xogo para Móbiles: Balatro
-
Mellor Xogo de AR/VR: Batman: Arkham Shadow
-
Mellor Xogo de Acción: Black Myth: Wukong
-
Mellor Xogo de Acción/Aventura: Astro Bot
-
Mellor RPG: Metaphor: ReFantazio
-
Mellor Xogo de Loita: Tekken 8
-
Mellor Xogo Familiar: Astro Bot
Gala completa dos The Game Awards