Beyond: Dos almas e Rayman Legends destacan entre os xogos de PS Plus de maio
mércores, 25 de abril do 2018
As consecuencias da suba de prezo das subscricións de
PlayStation Plus e o anuncio de que abandonarán a PlayStation 3 e a PS Vita nótanse
un mes máis, e os xogos que ofrecerán no mes de maio son de auténtico luxo,
cando menos no que a PlayStation 4 se refire, comezando forte con Beyond:
Dos almas, xogo do estudio Quantic Dreams, que no
mesmo mes lanzará Detroit: Become Human,
polo que poder gozar dun anterior tÃtulo do mesmo estilo pode ser un grande
incentivo para facerse co novo lanzamento. Beyond:
Dos almas non só é tamén un xogo moi cinematográfico, senón que incluso
tiña grandes fichaxes da grande pantalla para os seus personaxes, de xeito que
contou coa actriz Ellen Page interpretando ás súas protagonista e tamén coa
participación do grande actor Willem Dafoe.
O outro xogo de PlayStation 4 do mes de maio será Rayman
Legends, un plataformas en dúas dimensións que non só goza dunha
estética inconfundible, senón que tamén pon acento no acompañamento musical, de
xeito que permitiranos vivir divertidos momentos superando obstáculos ao ritmo
dunha versión mariachi do Eye of the
Tiger (tema de Survivor célebre pola súa utilización dos filmes de Rocky).
A maiores tamén se incluirá o MOBA tridimensional de 5 contra 5 HIVE, do estudio valenciano Catness Game
Studio, que grazas á incorporación en PlayStation Plus conseguirá certa visibilidade.
Os xogos de PlayStation Plus en maio para outras plataformas non son
especialmente relevantes, e asà para PlayStation 3 teremos Risen
3: Titan Lords e Eat
Them!, mentres que para PS Vita os xogos serán King
Oddball e Furmins.