BlackBerry adÃa o lanzamento de BBM para Android e iPhone
luns, 23 de setembro do 2013

- Momento no que se anunciou que BlackBerry preparaba versións do BBM para Android e iOS
Esperábase que o hai tempo popular BlackBerry Messenger
(BBM) chegase
durante a fin de semana a Android e iPhone, pero a estrea non poderÃa ter
saÃdo peor, e primeiro filtrouse unha versión previa da versión para Android,
descargada por 1,1 millóns de usuarios nas primeiras 8 horas e provocando unha
vaga de tráfico que dende BlackBerry non foron quen de atender debidamente, o
que provocou que a versión oficial da aplicación non chegase a publicarse polas
canles oficiais.
A versión para iPhone si chegou ocasionalmente á App Store, pero vendo os
problemas que estaban a experimentar nos servidores da compañÃa, decidiron
retirala rapidamente. En consecuencia, nos vindeiros dÃas os usuarios de BBM
para iOS poderán continuar a empregar a aplicación, mentres que os de Android
verán como a versión filtrada do BBM está a ser bloqueada por BlackBerry,
instando aos interesados a recorrer á páxina web
do servizo para ter información sobre a dispoñibilidade do servizo.

- Quen descargase a versión para iPhone do BBM poderá seguir empregando a aplicación nos vindeiros dÃas
Temos asà que o
lanzamento de BBM para Android e iPhone queda en suspenso, de xeito non se
retomará ata que tomen as medidas oportunas para poder soportar a carga inicial
que terán os seus servidores ante os millóns de usuarios curiosos que buscarán
interesarse por esta plataforma de comunicación que polo momento era exclusiva
de terminais BlackBerry. Espérase que no segundo intento BlackBerry faga un
lanzamento paulatino do servizo por paÃses para poder controlar mellor a
ampliación do seu servizo.
De todos os xeitos, BBM vai telo moi difÃcil para desbancar a un servizo como
WhatsApp, dispoñible para moitas máis plataformas, cun volume de usuarios
impresionante e coa facilidade de empregar como identificador o número de
teléfono. Pola súa contra, BBM pode destacar por caracterÃsticas como indicar
cando unha mensaxe foi lida polo seu receptor e integra videochamadas.

- Imaxes da versión para iOS de BBM
