Centos de páxinas web galegas permanecen fóra de liña por mor dun ataque
martes, 23 de decembro do 2014
A primeira hora da tarde dende a popular empresa de servizos
de hospedaxe web Dinahosting deron conta
dun problema na súa rede que afectaba ás conexións externas, para matizar
pouco despois de que os problemas son consecuencia
dun ataque distribuÃdo de denegación de servizo (DDoS) que produciu un
fallo nas súas conexións.
AÃnda que os servidores afectados conseguiron recuperarse ao pouco tempo,
volveron recibir un ataque masivo, que comprometeu a rede desta empresa
galega que conta entre os seus clientes con numerosas empresas e entidades da
nosa terra, o que explica as dificultades para acceder a moitas páxinas web
galegas dende esta última tarde.

- Dende Dinahosting levan horas a traballar para frear os ataques de denegación de servizo
Segundo comentan dende Dinahosting en Twitter, o ataque que padecen provoca a
recepción de decenas
de GB de datos procedentes de centos de milleiros de enderezos IP diferentes,
o que fai moi complicada a adopción de contramedidas para superar esta
situación.
A principal consecuencia deste ataque fai que os sistemas no respondan a nivel
de DNS, ou sexa, que cando poñemos o seu nome de dominio na barra de enderezos
dun navegador non accederiamos á páxina web en concreto, o que si poderiamos
facer de acceder á mesma a través do seu correspondente enderezo IP. Dinahosting
conta con varias compañÃas provedoras de conectividade e DNS distribuÃdas a
nivel internacional, que están a ser obxectivo directo do ataque, de aà que
a redundancia non sexa suficiente para frear este ataque.
É de esperar que en poucas horas os servizos afectados volvan á normalidade e a
única consecuencia a lamentar serÃa a perda temporal do acceso aos espazos web (e outros servizos en liña)
afectados, xa que este tipo de saturacións de sistemas rara vez agochan outros
tipos de intrusións.
ACTUALIZACIÓN: Aseguran que o ataque multiplica por 130 o tráfico habitual dos servidores de Dinahosting:

