ChatGPT permite xerar imaxes a través de WhatsApp
mércores, 18 de xuño do 2025
A chegada do ChatGPT a WhatsApp fixo máis accesible a realización de consultas e conversas cun asistente baseado en intelixencia artificial, especialmente para usuarios que non adoitan a instalar numerosas aplicacións no móbil, e esta ferramenta foi avanzando incorporando a multimodalidade, de xeito que dende febreiro é posible conversar coa IA mediante mensaxes de voz, asà como tamén realizar consulta en base a imaxes que se compartan coa mesma.
Esta evolución non cesa, e nos últimos dÃas incorporouse a posibilidade de xerar imaxes directamente nas conversas de WhatsApp de ChatGPT, de xeito que cando precisemos unha imaxe xerada mediante IA podemos pedirlla directamente a ChatGPT mediante unha instrución de texto, para recibila despois dunha pequena espera (un par de minutos).
Para poder engadir ChatGPT en WhatsApp podemos empregar a ligazón achegada por OpenAI ou engadir na aplicación o número de teléfono 1-800-242-8478 (promocionado como 1-800-CHATGPT referenciando ás letras que figuran nos teclados numéricos dos móbiles, moi empregados nos bos tempos das SMS).
