
Como accesorios principais do Surface RT temos a delgada Touch Cover (que funciona como tapa e teclado táctil con touchpad), a máis gorda Type Cover (que por 10 euros máis xa conta con teclas semellantes ás dun Ultrabook) e unha edición especial do rato Wedge Touch Mouse (á venda por 69,99 euros).
Durante a presentación, a presidenta de Microsoft Ibérica, María Garaña, asegurou que “Surface redefine o concepto de tablet, poñendo a disposición dos usuarios un dispositivo versátil e potente, que mellora a experiencia de uso e permite tanto consumir como crear contidos. Surface é un tablet con funcionalidades que ata agora só podían atoparse nun Ultrabook” e “racha as barreiras entre lecer e traballo, cun dispositivo que ofrece a mellor experiencia de uso en ambos contornos”.
Surface chega cun chasis de só 9,3 milímetros de grosor, está construído cunha aliaxe de magnesio inxectado (que dan en chamar VaporMg) que achega unha resistencia notable e ten un peso de só 676 gramos, contando tamén con USB 2.0, saída de vídeo de alta definición, rañura para tarxetas microSDXC, acelerómetro, xiroscopio, compás dixital, sensor de luz… que acompañan a unha excelente pantalla 16:9 de alta definición con tecnoloxía ClearType e Gorilla Glass 2. Outro detalle destacable do seu hardware é que integra un soporte Kickstand que facilita manter o tablet en vertical sen precisar unha funda para tal fin (e que pode agocharse na carcasa do dispositivo).
O tablet funciona con Windows RT (versión de Windows 8 para procesadores ARM) e inclúe unha versión vista previa da versión doméstica de Office 2013 RT.
Chega a España o Surface RT
Compartir Este Artigo
