A Nintendo Switch 2 chega a mans dos consumidores
xoves, 5 de xuño do 2025
Chegou o dÃa que moitos amantes dos videoxogos estaban agardando, pois finalmente chegou aos consumidores a Nintendo Switch 2, unha consola de videoxogos que aposta pola evolución da Nintendo Switch en vez de arriscarse cunha revolución, de xeito que temos unha máquina cunha pantalla máis grande con resolución 1.080p (capaz de chegar a resolución 4K en televisores), mandos Joy-Con 2 con conectores magnéticos (e un modo de funcionamento que os converte en ratos informáticos) e unha peaña con inclinación axustable.
A nova consola tamén integra GameChat, xa que nesta ocasión a consola de Nintendo aposta firmemente pola Internet, tanto á hora de permitir a interacción entre os xogadores como ao apostar polos xogos en formato descargable (case todas as tarxetas de xogo precisan de descargas para gozar do xogo completo).
Nos vindeiros dÃas será posible comprobar a potencia real da consola, que grazas ao seu salto técnico, permitirá que os grandes xogos third party multiplataforma non salten a consola de Nintendo como fixeron nos últimos anos, o que suporá un revulsivo para o mercado.
O potencial da Nintendo Switch 2 é notable, pero a estrea foi relativamente accidentada, xa que moitos compradores que reservaron a consola con moita antelación non recibiron a tempo as súas unidades ou incluso padeceron as cancelacións das súas reservas a última hora. Pero nesta ocasión non hai problemas de abastecemento tan serios como co lanzamento da Nintendo Switch ou da PlayStation 5, e incluso durante a xornada de hoxe era posible mercar a Switch 2 nalgunha tenda en liña, con recepción para mañá mesmo.
Cando menos no mercado español non se padeceu ningunha anécdota como a que se fixo viral nos EE.UU. por mor dunha tenda da cadea GameStop na que tiveron a idea de grampar o tÃcket de compra á caixa da consola, chegando a perforala e a danar consolas completamente novas (aÃnda que xa están a tramitar as correspondentes substitucións).
VÃdeo de lanzamento da Nintendo Switch 2