Cherrilux Investments faixe coas tendas GAME en España e Portugal

venres, 13 de abril do 2012 Marcus Fernández

O futuro da cadea de tendas de videoxogos GAME en España parece garantido, e poucos días despois da venda das tendas británicas a OpCapita, confirman dende RetailWeek que os negocios ibéricos do Game Group seguiran os mesmos pasos. Deste xeito, as 290 tendas en España e Portugal pasarán a mans de Cherrilux Investments (filial de OpCapita), mantendo os establecementos e conservando tamén o milleiro de postos de traballo que xeran, xa que polo momento non é preciso que realicen os axustes que tiveron lugar no Reino Unido, xa que GAME no noso territorio é unha compañía rendible que factura 300 millóns de euros ao ano.

PUBLICIDADE