ChromeOS Flex xa está dispoñible oficialmente
venres, 15 de xullo do 2022
Tras a compra de Neverware, a empresa desenvolvedora de CloudReady,
Google anunciou que estaban a preparar ChromeOS Flex, unha versión de ChromeOS preparada
para ordenadores ordinarios que non tivesen tal sistema operativo preinstalado
como acontece cos Chromebook e os Chromebase, e agora confirman que Chrome
OS Flex xa está preparado para chegar a unha ampla gama de ordenadores PC e Mac.
Xa podemos probar Chrome
OS Flex directamente, gozando asà no noso equipo dun sistema operativo
baseado na nube, rápido, doado de xestionar e seguro, que podemos correr
directamente dende unha unidade USB, de xeito que non é preciso instalalo para comprobar
se resulta axeitado para os nosos equipos e escenarios de uso e, de ser frutÃferas
as probas, podemos substituÃr o noso sistema operativo actual por ChromeOS
Flex.
Cómpre salientar que ChromeOS Flex non é un ChromeOS completo, senón que ten
limitacións como a falta de soporte de aplicacións para Android ou a
imposibilidade de correr máquinas virtuais, asà como numerosas prestacións que
están directamente ligadas ao hardware dos equipos, pero para moitos usuarios
iso non é un problema, e poder gozar dun equipo libre de malware pode ser
motivo dabondo para apostar por esta solución.
No caso das empresas as vantaxes de empregar ChromeOS Flex está basicamente na
posibilidade de aproveitar equipos actuais para gozar dun sistema seguro e
doado de xestionar a través da nube.
