Cisco, Eviden, Inforhouse, R e Vodafone recibirán o Premio 15 Aniversario CPEIG
xoves, 8 de xuño do 2023O
Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai distinguir co
Premio 15 Aniversario CPEIG ás empresas tecnolóxicas Cisco, Eviden,
Inforhouse, R e Vodafone polo “seu constante apoio e
colaboración na Noite da Enxeñaría en Informática, tendo o papel
de patrocinadores durante practicamente o xurdimento da Noite
garantindo a súa celebración durante estes quince anos”. Os
premios serán entregados, precisamente, no marco do dito evento, o
16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. Directivos de
cada unha das compañías tecnolóxicas recollerán a distinción no
acto de entrega dos galardóns.
Digitaliza,
de Cisco
Segundo
destacan fontes do CPEIG, Cisco é líder mundial en tecnoloxía para
Internet e inspira novas posibilidades “reinventando as aplicacións
corporativas, protexendo ás organizacións, transformando a súa
infraestrutura e facilitando o traballo colaborativo para avanzar
cara un futuro global e inclusivo”. Recollerá a distinción o
director Public Sector Spain de Cisco, Xavi Massa.
A
través do seu programa Digitaliza, Cisco España contribúe a
acelerar a transformación tecnolóxica de empresas, administracións,
sectores verticais, pemes e startups; a formar a mozos,
desempregados e profesionais en tecnoloxías de ultima xeración; e a
innovar xunto aos seus partners para impactar positivamente na
sociedade. Ampliado ata 2024, Digitaliza xa logrou grandes
fitos na transformación dixital de empresas, universidades,
hospitais, escolas ou xulgados.
Como
un dos motores de Digitaliza, o Centro de Innovación de Cisco
en Barcelona combina a colaboración entre Cisco, as administracións
e a industria impulsando proxectos dixitais que melloren a calidade
de vida dos cidadáns, cren empregos e optimicen a competitividade
económica.
Unha
nova scale-up dixital, Eviden
Eviden
é a nova marca coa que o grupo Atos identifica parte do seu actual
negocio, que, cuns ingresos de aproximadamente 5.000 millóns de
euros, converterase en compañía independente no segundo semestre de
2023. Trátase dunha nova scale-up dixital, con sede en
Santiago de Compostela, entre outras localizacións, onde “se unen
as capacidades máis brillantes e punteiras para expandir de maneira
sustentábel as posibilidades ao redor do dato e da tecnoloxía”,
destaca o CPEIG, poñendo o foco na misión principal de Eviden: ser
o socio dixital, de cloud, de datos e de seguridade preferido
polos clientes, para axudalos de forma diferencial a construír o seu
futuro dixital e sustentábel. Eviden centra os seus obxectivos no
liderado de seis pancas clave para os negocios: a aceleración da súa
transformación, as plataformas intelixentes como facilitadoras, a
nube, a computación avanzada, a seguridade dixital e a
sustentabilidade, sendo a única empresa de TI que presenta estas
capacidades de maneira integral. Recollerá o galardón na Noite o
director Rexional de Eviden, Gabriel Torre.
Inforhouse,
máis de 30 anos ao servizo do sector TI
A
compañía Inforhouse ten máis de 30 años de experiencia no sector
TI. Fundada en 1988, experimentou un crecemento sostido ao longo
destes anos ata chegar a ser unha das primeiras empresas deste sector
en Galicia e con 100% de capital galego.
A compañía ofrece
solucións tecnolóxicas de valor para axudar na dixitalización dos
procesos das organizacións para lograr que sexan máis eficientes.
Conta cun equipo humano de 100 persoas en continua actualización de
coñecementos para ser o provedor tecnolóxico de referencia. Algúns
dos seus proxectos relevantes son o subministro e implantación de
equipamento no Centro de Proceso de Datos da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia, no Servicio Galego de Saúde,
CESGA, CIXTEC, Concello de Vigo, Universidade da Coruña, Faurecia
Automotive, FRINSA, Santos Equipamiento de Interiores, Indalsu, CTAG
e DS Smith; subministro e implantación de plataforma de impresión e
19.000 monitores en centros de atención primaria e dependentes do
Servizo Galego de Saúde; tamén ofrece servizo de mantemento
informático en diferentes organismos (como a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Servicio Galego de Saúde e
o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar), soporte de
solucións de xestión empresarial a diversas compañías de diversos
sectores e actividade, e soporte de software e de solucións de
seguridade. Recollerá a distinción no evento da Noite o director
Xeral de Inforhouse, Vidal Díaz Cotón.
R,
25 anos de telecomunicacións para Galicia
O
CPEIG salienta que a operadora R, dende o inicio da súa andaina, hai
xa case 25 anos, “ten traballado coa teima de ser a operadora de
telecomunicacións de Galicia, a empresa cos servizos máis
innovadores e de vangarda que puidese dixitalizar todos os fogares e
negocios galegos para competir ao máximo nivel en calquera lugar ou
mercado do mundo”.
O
tempo, explica o colexio, “demostrou que aquela meta a prol de
Galicia non era unha quimera”; e dende hai anos R é a firma de
telecomunicacións líder da comunidade que ofrece servizos de
internet, telefonía fixa, telefonía móbil 4G e 5G, banda larga e
televisión dixital; e, para empresas, solucións IoT (Internet das
cousas), tecnoloxía de Cidades Intelixentes e Industria 4.0. Como
marca recoñecida con forte implicación local e líder en fibra
óptica e servizos converxentes de telecomunicacións é “a opción
preferida nos fogares e empresas de Galicia onde ten despregada a súa
rede de fibra óptica”, lembra o CPEIG, recordando tamén que en
agosto de 2021 integrouse no Grupo Masmovil e converteuse na súa
insignia en Galicia. A integración impulsou os resultados de R,
sobre todo polas súas afinidades nos valores esenciais de
orientación ao cliente, axilidade, proximidade ou sostibilidade
(B-Corp, Zero Neutral Carbon, ISO 14001 y 50001, Sustanaible Fitch,
recoñecemento CDP...). Entre eses logros figuran, ademais, superar a
cifra de 1,3 millóns de fogares cubertos coa fibra óptica máis
avanzada do mercado, acadar outros 300.000 con solucións sen fíos
5G para dispoñer de alta velocidade aí onde a fibra non pode chegar
(internet rural); ou que o 85% da poboación de Galicia teña xa
dispoñibilidade de acceso a servizos avanzados con esa tecnoloxía
de quinta xeración (5G).
“Quedan
por diante aínda moitos retos para R, porque os desafíos das novas
tecnoloxías, da Intelixencia Artificial, a analítica de datos, a
contorna 4.0 e infinidade de ferramentas de vangarda están en
constante desenvolvemento”, engade o CPEIG, apuntando que a folla
de ruta de R fala dun operador galego que t”en percorrido abondo
para lles seguir ofrecendo a todos/as os/as galegos e galegas a
máxima calidade de servizo e innovación, combinadas coa proximidade
ás persoas e ás empresas que dende sempre definiu a esencia da
empresa no territorio”.
Esta
distinción outorgada polo CPEIG será recollida na gala da Noite
polo director de R, Alfredo Ramos.
Vodafone
quere rematar ano con 5G total en 138 municipios de Galicia
Vodafone
é a maior empresa de telecomunicacións paneuropea e africana. O seu
propósito é conectar por un futuro mellor utilizando a tecnoloxía
para mellorar a vida, dixitalizando sectores críticos e facendo
posíbeis sociedades dixitais inclusivas e sustentábeis. A compañía
proporciona servizos móbiles e fixos a máis de 300 millóns de
clientes en 17 países, e ten acordos con redes móbiles en 46 países
máis. Vodafone é líder mundial en Internet das Cousas (IoT),
conectando máis de 160 millóns de dispositivos e plataformas. Con
Vodacom Financial Services e M-Pesa conta coa maior plataforma de
tecnoloxía financeira de África, que presta servizo a máis de 56
millóns de persoas en seis países.
Tamén
se comprometeu a reducir o seu impacto medioambiental para alcanzar
cero emisións netas en 2040, ao tempo que axuda aos clientes a
reducir as súas propias emisións de carbono en 350 millóns de
toneladas para 2030. Está impulsando ademais accións para reducir
os residuos de dispositivos e alcanzar o seu obxectivo de reutilizar,
revender ou reciclar o 100% dos residuos dos seus equipos de rede.
No
que respecta a Galicia, o director Territorial de Vodafone Norte,
Francisco Vallejo, que recollerá a distinción en A Noite, indica
que se trata “dun territorio de grande importancia para Vodafone e
un dos territorios nos que a súa cota de mercado sempre destacou”.
De feito, Galicia estivo presente desde o primeiro momento no plan de
investimento e de despregadura do 5G. Xa en 2019 comezouse a
comercializar a rede 5G para os clientes de Vodafone en Galicia e o
obxectivo da operadora é finalizar 2023 con presenza total en 138
municipios.
Desta
forma, máis de 2,2 millóns de galegos poderanse beneficiar dunha
mellor cobertura especialmente en interiores de edificios e gran
dispoñibilidade de largo de banda e de transmisión de datos, tamén
en contornas rurais e pequenas localidades, xa que dos 138 municipios
case o 65% conta con menos de 10.000 habitantes.