Classora achega as clasificacións deportivas aos móbiles
martes, 31 de maio do 2011
A base de coñecemento Classora leva uns meses intentando espallar os seus
contidos máis aló da súa páxina web, e tras estrear
aplicación para Facebook (Classora
Social Rankings) agora dan o salto a dispositivos móbiles con Classora
Sports, que permite a consulta de clasificacións presentes e pasadas de
distintos deportes dende o inicio da
competición, asà como trazar a evolución de equipos e deportistas ao longo da
historia.
Entre os datos accesibles para esta aplicación están as principais ligas
europeas, asà como as ligas de 1ª A, 2ª, 2ª B e 3ª A de España (fútbol),
clasificacións de pilotos e construtores en Fórmula 1, campionatos de MotoGP,
Moto2 e 125cc en motocilismo, clasificacións da NBA e ACB en baloncesto,
clasificación da ATP (tenis), o Tour de Francia, o Giro de Italia e a Volta a
España (ciclismo), rallies,
olimpÃadas e máis.
A aplicación está dispoñible tanto en español como en inglés, e pode descargarse
para dispositivos Android 1.6 ou superior ou para terminais
con iOS 3.0 ou posterior (como o iPhone ou o iPod Touch). Ambas versións
son de balde e no caso de Android (que leva varias semanas dispoñible) superou
as 500 instalacións, o que supón un volume de descargas máis que considerable
para un desenvolvemento galego.