Comeza Cybersec@Gal con dous obradoiros sobre protección dixital na UDC e na UVigo

luns, 14 de outubro do 2019 Fernando Sarasketa

Esta semana, a partir de hoxe, celébrase na Coruña, Santiago e Vigo o encontro Cybersec@Gal o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, impulsado pola Cátedra R en Ciberseguridade (materializada pola operadora galega de telecomunicacións en colaboración coas universidades da Coruña e de Vigo) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG. O obxectivo das dúas entidades organizadoras é xuntar coñecemento e experiencia para que a nosa terra sexa un referente no eido da ciberseguridade. O evento comeza hoxe con dous obradoiros nas escolas de Informática e Telecomunicacións da UDC e a da UVigo, respectivamente.
O foro contará con importantes apoios da nosa terra e do ámbito estatal, como por exemplo a colaboración da axencia autonómica AMTEGA, de AtlantTIC, do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) ou, tamén, do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC). Ás devanditas entidades únense o Centro Tecnolóxico Gradiant, Estrella Galicia, Emetel ou Abanca.
O congreso desenvolverase na sede da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (días 14 e 15 de outubro), na Biblioteca da Cidade da Cultura (o día 16) e no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e o Archivo de Galicia (o 17 de outubro).
O evento consiste en catro xornadas de obradoiros, ciber-desafíos e charlas, nas que se falará de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. Está dirixido, por unha banda, a estudantes e recentemente licenciados e, pola outra, ao ecosistema empresarial, da man de expertos estatais e internacionais que exporán diversos aspectos no terreo da seguridade TIC.
Durante a xornada de clausura entregaranse un total de seis premios valorados en 2.600 euros en total: un premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade (700 euros), dous premios á Tese fin de Mestrado en Ciberseguridade na UDC e a UVigo(400 euros cada un), dous premios á Tese de Fin de Grao en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (300 euros cada un) e un premio reto Gradiant - Hijos de Rivera (500 euros).

Axenda de actividades

Luns 14 de outubro
(T214. Escola de enxeñería de Telecomunicación Univ. de Vigo) e (L2.02 Facultade de Informática Univ. A Coruña )
· 16:00 a 20:00 Obradoiro: Introdución á auditoría de dispositivos IoT e IIoT mediante Shodan

Martes 15 de outubro
· (T214. Escola de enxeñería de Telecomunicación Univ. de Vigo) e (L2.02 Facultade de Informática Univ. A Coruña)
· 16:00 a 20:00 Obradoiro: Análise de vulnerabilidades en contornos Windows e Linux.

Mércores 16 de outubro
(Sala I Biblioteca, Gaiás)
· 16:30 a 17:00 Charla técnica a cargo de Emetel: Evasión da Seguridade de Rede
Presentación das principais técnicas de evasión da seguridade das redes: IDS/IPS, firewall, honeypots e hacking de redes Wi-Fi.
· 17:00 a 19:00 Reto Gradiant e Hijos de Rivera

Xoves 17 de outubro
(Auditorio Neira Vilas, Cidade da Cultura)
· 9:00 Recepción e acreditación
· 9:30 Apertura
AMTEGA, CPEIG, e cátedra R ciberseguridade
· 10:00 A Estratexia de Seguridade Nacional e a Ciberseguridade.
Xeneral Miguel Ángel Ballesteros, Responsábel da estratexia nacional de ciberseguridade, Departamento de Seguridade Nacional.
· 10:45 Mesa debate: Ciberseguridade na transformación dixital.
Moderadora: María Almodóvar, xornalista do Grupo Correo Gallego
Belén Pérez, responsábel de ciberseguridade de Balidea
Lilian Adkinson Orellana, seguridade e privacidade de Gradiant
Rosa Seoane, xerente de Comunicacions, Smart Things e Abanca Innova
Pilar Vila, directora executiva e co-fundadora de Forensic & Security
Susana Rey, DPO do Grupo Euskaltel
· 11:45 Pausa café
· 12:15 Visión do mercado
Eduardo Mastranza, executive partner, CIO Advisory de Gartner
· 13:00 Ciberseguridad na PEME – como obviar a falta de recursos e mitigar os riscos
Marina Martínez-García, H2020 Programme Officer Security, Space, Transport, SME, Environment & Bioeconomy.
· 13:45 clausura e entrega de premios
· 14:00 vino galego

PUBLICIDADE