Coruña Dixital integrará un laboratorio de innovación audiovisual
venres, 16 de xuño do 2017
O concelleiro de Culturas,
Deporte e Coñecemento, José Manuel
Sande, participou esta mañá na presentación da nova
programación de Coruña
Dixital, unha iniciativa municipal posta en marcha o pasado ano e que ten
como finalidade dar visibilidade e dinamizar as comunidades dixitais que
existen na Coruña e facilitar a participación activa
da veciñanza en novas prácticas
culturais e creativas. «O programa naceu como unha
necesidade real na nosa cidade, como é a
posibilidade de abrir un camiño no que se poden entrelazar
numerosos colectivos vinculados ás novas tecnoloxÃas e á
creatividade, que coinciden en liñas de investigación, e que
non sempre se atopan. Coruña
Dixital é esa ferramenta que pode non só visibilizar
e poñer en valor o seu traballo, senón
favorecer esa necesaria colaboración entre
as e os axentes locais e de Galicia que desenvolven a súa
actividade no eido cultural e tecnolóxico», explicou
o edil, quen destacou, como principal novidade desta edición, a posta
en marcha do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación Audiovisual, o LAIC, que busca crear un espazo de
encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas
e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea, os
novos medios e a transformación dixital.
«A Coruña é unha
cidade pioneira no cinema e nas artes da imaxe. Por iso, este Goberno quere potenciar
o talento que hai no municipio para convertelo nun polo estratéxico de
innovación, creatividade e boas prácticas,
que xeren novas oportunidades profesionais e modelos de traballo sustentable
nun sector en pleno cambio de paradigma marcado pola dixitalización e democratización dos
medios», aseverou Sande no acto de presentación, que
tivo lugar esa mañá no Aquarium Finisterrae e que contou coa asistencia de
diversos axentes e colectivos que traballar arredor das prácticas de
cultura dixital, asà como de Sergio Lago,
coordinador do programa, e de MarÃa Yáñez,
responsable do LAIC. «O Laboratorio nace con
vocación de potenciar e dar a coñecer as
novas linguaxes audiovisuais e favorecer a creación entre a
veciñanza, asà como de tecer alianzas con
centros de ensino, a Universidade, empresas de produción
audiovisual e comunicación dixital, institucións e
colectivos profesionais e outras entidades cidadás que
compartan obxectivos similares», salientou Yáñez.

- Numerosos axentes do audiovisual local déronse cita no Aquarium Finesterrae para intercambiar pareceres sobre o novo laboratorio de innovación audiovisual
As actividades que ten previsto desenvolver o LAIC abordarán as novas linguaxes audiovisuais, desde as micro-narrativas populares ata o documental interactivo ou a realidade virtual. Tamén se prestará atención aos novos modelos de distribución e produción: desde como se profesionalizan os contidos en YouTube ata as posibilidades do cinema crowd e das comunidades online como impulsoras de proxectos audiovisuais. Neste sentido, abriranse espazos para o debate e a proposta de boas prácticas, «que xeren non só retorno económico para as creadoras e os creadores, senón tamén retorno cultural e de ben común para a cidadanÃa», expuxo a responsable da iniciativa.
A programación do LAIC, que se presentará de xeito completo á volta do verán, apostará por tender pontes entre a creación audiovisual e os videoxogos, a literatura e as narracións transmedia, e tamén entre os profesionais do audiovisual e outras industrias que cada vez máis están a incorporar o vÃdeo para as súas accións de promoción e venda. Asà mesmo, faranse obradoiros con distintos colectivos cidadáns para buscar novas maneiras de documentar e narrar a memoria viva da Coruña usando os medios dixitais.
Encontro Coruña Dixital

- Durante o encontro desta mañá houbo unha intervención artÃstica a cargo de Esferobite-DSK, GIFXEL, na que persoas disfrazadas de pÃxeles comporán unha imaxe GIF animada co logotipo de Coruña Dixital
No outono, tal e como avanzou Sergio Lago, tamén terá lugar o II Encontro Coruña Dixital, que este ano buscará achegarse aos espazos socioculturais de proximidade da cidade a través dunha xornada de charlas inspiradoras e obradoiros que permitan achegar metodoloxÃas e estratexias sobre o uso das novas tecnoloxÃas e dos contidos dixitais nestes contextos. «Nas actividades do ano pasado de Coruña Dixital comprobamos a asistencia e participación de numerosas persoas do ámbito bibliotecario, docente e sociocultural, que empregaban novas prácticas culturais para acadar diversos obxectivos nos seus lugares de traballo, polo que nos pareceu moi interesante, de cara a este segundo encontro, trasladar e abrir á cidadanÃa as metodoloxÃas que se empregan no ámbito dixital e que, efectivamente, pode poñerse en práctica noutro tipo de espazos», explicou.
O coordinador do programa tamén sinalou que nesta edición Coruña Dixital seguirá colaborando con distintas comunidades, como o movemento maker da cidade, representado no colectivo Bricolabs (que se reúne na Sala Maker da Domus), ou o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) formado na Universidade da Coruña, para promover iniciativas de código e datos abertos, co obxectivo de potenciar as aplicacións sociais e culturais destas prácticas e ferramentas e abrilas ao resto da cidadanÃa.
Na web de Coruña Dixital, pódese facer seguimento de todas estas iniciativas que xa están a traballar na cidade, asà como contactar, subscribirse ao boletÃn de noticias ou seguir a actualidade do programa través dos seus perfÃs en Facebook e en Twitter.
