Cuonda e Emilcar FM levan os seus podcasts a Spotify

xoves, 5 de abril do 2018 Marcus Fernández

Hai 3 anos Spotify experimentou unha importante actualización para adaptarse mellor ás demandas do público, e entre as novidades incluíron máis que música, concretamente clips de vídeo e podcasts, contidos que non parecían ter conseguido destacar en España, probablemente pola pouca adaptación ao noso mercado, o que parece que está a cambiar, pois xusto hoxe varios dos podcasts máis populares no Estado veñen de anunciar a súa estrea en Spotify.
Por unha banda temos que a primeira rede de podcast independentes en español, Cuonda, asinou un acordo global con Spotify que traduciuse na estrea en tal plataforma dos podcast de tecnoloxía e ciencia Binarios, Mixx.io e El Método, aos que en cousa dunha semana uniranse o resto de programas de Cuonda (Histocast, Apple Coding, Politibot, Los Hilos de Washington, Velocidad Absurda, Yarmanitas, La Propagadora, Universo Paralelo, Hacía falta, Entrevistas con la Historia…). Os responsables desta plataforma confían en que a súa incorporación a Spotify axude a superar un dos maiores atrancos do podcasting en español: o descubrimento por parte de novos oíntes, debido á alta fragmentación de plataformas para a escoita (e a dificultade para atopar contidos en español en plataformas como iTunes).
Por outra banda tamén temos que Emilcar Daily e o resto de podcast da rede Emilcar FM (Cena para tres, Still Lost, Proyecto Macintosh, Cinema TV, Promopodcast, Están locos estos romanos, Colegas, Ímpetu, Eureka, Entre trabajadores, Lactando, A pie de pizarra, Nutrimatrix, Preestreno, Trending, Plug & Drive, Bacteriófagos, Trasteando en la escuela, 4 ventanas, Perspectiva, Un paseo por Shanghai, Swisspain e Gran Angular) completaron xa a súa integración en Spotify, de xeito que agora temos un novo xeito para escoitar todos estes contidos sonoros no ordenador e en dispositivos móbiles, sendo esta solución atractiva por estar dispoñible tanto para iOS como para Android.

PUBLICIDADE