David Lago, do IES Pedro Floriani de Redondela, e Artai Isasi, do IES de Sar de Santiago, gañan a OlimpÃada Informática Galega
luns, 17 de febreiro do 2025
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas (Universidade de Vigo - UVigo, Universidade da Coruña – UDC, e Universidade de Santiago - USC), celebrou este domingo 17 de febreiro a OlimpÃada Informática Galega 2025 (OIG 2025) na Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC.
No certame participaron 18 estudantes de educación secundaria (ESO), bacharelato e formación profesional de grao medio de toda Galicia, procedentes de nove centros educativos e residentes na Coruña (1 participante), Vigo (1), Ribeira (1), Santiago de Compostela (6), Brión (2), Negreira (2), Burela (1), O Porriño (2), Redondela (1), Vedra (1).
Os gañadores foron, en primeira posición, David Lago Alonso, estudante do IES Pedro Floriani de Redondela; e no segundo posto Artai Isasi Vázquez, estudante do IES de Sar de Santiago.
Os dous primeiros clasificados na OIG 2025 acceden de xeito directo á fase nacional da XXIX OlimpÃada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (FIC) da UDC, primeira vez que a olimpÃada española se celebra en Galicia, evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. De aÃ, os gañadores poderán acceder á 37ª OlimpÃada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).
A OIG 2025 está patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas.
Os gañadores
-1º clasificado: David Lago Alonso. IES Pedro Floriani de Redondela. 400 euros e asistencia á XXIX OlimpÃada Informática Española.
-2º clasificado: Artai Asasi Vázquez. IES de Sar de Santiago. 300 euros e asistencia á XXIX OlimpÃada Informática Española.
-3º clasificado: Hugo DomÃnguez Conde (de Vedra). CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 250 euros.
-4º clasificado: Hugo Gorgojo Basanta. IES Perdouro de Burela. 200 euros.
-5º clasificado: Nicolás FreirÃa Casal. IES Ribeira do Louro do Porriño. 200 euros.
-Mellor rapaza clasificada: RocÃo Pérez-Muñuzuri Fernández. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.
-Mellor estudante da ESO: Laura Souto Bravos. CPR Manuel Peleteiro de Santiago. 150 euros.