Denuncian o custo ambiental dos AirPods
luns, 13 de maio do 2019
- FotografÃa de Maurizio Pesce duns AirPods
AÃnda
que o lanzamento dos AirPods de Apple foi moi accidentado, con serios retrasos
na normalización da súa produción, pouco a pouco converteuse nun dos produtos
estrela da compañÃa da mazá pese a venderse por un prezo bastante elevado (o
seu modelo con estoxo de carga por cable custa 179 euros mentres que con
estoxo con carga sen fÃos custa 229 euros).
O feito de que hai un par de meses chegase unha nova versión destes auriculares
que incluÃan o novo chip H1 parecÃa todo un acerto, pero non porque as melloras
introducidas fosen levar a que os usuarios de auriculares actuais renovasen os
seus dispositivos, senón porque moitos tiñan xa auriculares cunha autonomÃa moi
reducida por mor do desgaste da baterÃa dos auriculares e que non pode
substituÃrse (como si acontece cos smartphones).
Emerxen asà crÃticas sobre o que están a supor os AirPods, que consideran que
son un produto que se emprega basicamente como un sÃmbolo de status social que
ten un alto impacto ambiental, xa que para un usuario que empregue estes
auriculares diariamente o normal serÃa que resultasen practicamente inservibles
aos 18 meses (xa que a súa autonomÃa caerÃa estrepitosamente), de xeito que
convértense moi rápido en refugallos altamente contaminantes (tanto polo
plástico como polas baterÃas).
No que se refire ao uso de AirPods como sÃmbolos de status social non podemos
esquecer que moitas outras marcas venden auriculares máis caros (aÃnda que
tamén cunha calidade sonora moi superior, pois os
AirPods non destacan especialmente pola súa calidade sonora), ou sexa, que
realmente o seu prezo non merecerÃa tantas crÃticas como pode parecer
inicialmente, pero mercar produtos que practicamente son imposibles de reparar
ou reutilizar, xa que despois de certo tempo de uso quedan inservibles, converténdose
en lixo, polo que queren chamar a atención no pouco ético que resulta a compra
de electrónica de consumo efémera.
Queda agora por ver se estas crÃticas son escoitadas polas empresas e o
público, de xeito que, cando menos, fagan que se converta nunha realidade o
ruxerruxe de que algúns auriculares sen fÃos que poderÃan chegar ao mercado en
breve terÃan baterÃas doadas de substituÃr, o que mitigarÃa dalgún xeito a
problemática exposta cos AirPods (e que afectarÃan a moitos outros produtos
semellantes).