Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os AirPods melloran en autonomía, conectividade e sistema de carga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Os AirPods melloran en autonomía, conectividade e sistema de carga

Marcus Fernández
Publicado: 20/03/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apple-airpods-worlds-most-popular-wireless-headphones_03202019.jpgEn setembro de 2017 Apple presentou a súa base de carga AirPower, que sería capaz de cargar sen fíos simultaneamente un iPhone, un Apple Watch e uns auriculares AirPods, para o que sería preciso que estes últimos tivesen un estoxo de carga con tecnoloxía de indución Qi, e non é ata hoxe que se presenta o produto, de xeito que xa pode mercarse o estoxo de carga sen fíos para os AirPods a un prezo de 89 euros á vez que está tamén dispoñible unha versión dos AirPods con este novo estoxo a un prezo de 229 euros.
Pero os AirPods, con ou sen o estoxo de carga indutiva, veñen de renovarse, de xeito que agora incorporan o novo chip H1, ofrecen un 50% máis de tempo de conversa e permiten invocar a Siri en modo mans libres. A versión con estoxo de carga ordinario mantén o seu prezo nos 179 euros.
Estes novos auriculares xa poden pedirse en liña, aínda que non chegarán ás tendas ata a semana que vén, e grazas ao uso do novo chip H1 poden gozar dunha maior autonomía, unha sincronización máis áxil e a posibilidade de cambiar de canción, facer chamadas, axustar o volume ou pedir indicacións con só dicir en voz alta «Oye Siri».
Os novos AirPods poden reproducir audio ata 5 horas cunha única carga (ata 3 horas no caso dunha conversa) e se sumamos as recargas que pode achegar o estoxo teremos unha autonomía de ata 24 horas de reprodución de audio (ou 18 horas no caso de conversas). Amais, 15 minutos no estoxo permite ata 3 horas de reprodución de audio ou ata 2 horas de conversa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026
TREBELLOS

Google e Samsung presentan as súas lentes con IA

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?