Disney+ prohibe compartir conta
xoves, 28 de setembro do 2023
No mes de agosto Disney+
anunciou a súa intención de mudar as súas tarifas, producÃndose
a súa renovación o vindeiro 1 de novembro, cando o servizo pasará de ter un
único plan de subscrición a 3 plans diferentes: estándar con anuncios, estándar
e premium.
O plan actual, que custa 8,99 euros/mes ou 89,99 euros/anos terÃa como
equivalente o plan premium, cun prezo de 11,99 euros/mes ou 119,9 euros/ano,
polo que enténdese que a compañÃa está a aplicar unha das subas de prezo máis
esaxeradas nun servizo deste tipo, o que poderÃa agochar unha clara intención:
dirixir aos subscritores ao plan estándar con anuncios, que ten un prezo de
5,99 euros/mes, que curiosamente era o prezo de lanzamento de Disney+ en España
en 2020.
Este cambio parece claramente inspirado en Netflix, e non só se limitará aos
plans de subscrición, senón tamén ás medidas para compartir contas, e cómpre
advertir de que, mentres os medios están a advertir de que en
novembro Disney+ comezará a aplicar medidas contra as contas compartidas en
Canadá, realmente as medidas mencionadas tamén se aplicarÃan a España, pois
no
contrato de subscrición actual xa figura a limitación de uso do servizo a
contas dunha única residencia persoal principal.
O contrato do servizo especifica o uso compartido de contas no seu apartado 1.c
detallando que «non poderá compartir a súa subscrición fóra do seu fogar. Fogar
significa a colección de dispositivos asociados á súa residencia persoal principal,
na medida en que sexan utilizados por persoas que residan na mesma», deixando a
porta aberta a que algúns plans de subscrición poidan relaxar tal condición
(como acontece en Netflix coa posibilidade de pagar un extra para poder agregar
contas secundarias).
Queda agora por ver que tipo de solución adoptará Disney+ para limitar o uso compartido de contas, pois tanto poden facer un seguimento dos enderezos IP empregados como pode limitar o número de dispositivos asociados á conta. En poucas semanas sairemos de dúbidas, aÃnda que tamén é posible que non se adopten medidas moi drásticas, como está a acontecer con Netflix.