Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous investigadores da USC amosan os seus traballos perante medio milleiro de Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous investigadores da USC amosan os seus traballos perante medio milleiro de Cidades Intelixentes

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/11/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O investigador da Universidade de Santiago Celestino García no evento internacional celebrado en Barcelona
O investigador da Universidade de Santiago Celestino García no evento internacional celebrado en Barcelona
Dous investigadores da Universidade de Santiago veñen de presentar no Congreso Mundial de Cidades Intelixentes (Barcelona) un traballo sobre o potencial das tecnoloxías smart para garantir a sustentabilidade e a calidade de vida nos espazos urbanos do futuro. Trátase, por unha banda, do profesor da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Celestino García Arias e, pola outra, do doutorando en Ciencia Política e consultor Benjamín Augusto López Rodríguez, membros do grupo Isópolis, especializado en investigación social e políticas públicas.
Segundo informa a Universidade de Santiago, os dous investigadores foron seleccionados polo comité científico do Smart City Expo World Congress, case con seguridade un dos congresos sobre Cidades Intelixentes máis referenciais do mundo, para presentar o seu traballo Avaliación do deseño de indicadores en rankings de Smart Cities. Neste congreso, que tivo lugar entre o 17 e o 19 de novembro en Barcelona, participaron expertos procedentes de todos os recantos do mundo coa arela común de compartir coñecemento e recursos acerca do desenvolvemento urbano e das posibilidades que achegan as novas tecnoloxías da información para que aquel sexa o máis sustentable, eficaz, rendible e respectuoso co medio posible.
Segundo explica a USC, Celestino García e Benjamín López salientaron na súa investigación “a necesidade de abordar unha conceptualización do termo razoada e exhaustiva”. Para isto, debullaron a metodoloxía das principais clasificacións internacionais que sitúan as cidades como Smart Cities: aquilo que as define. Ante isto, os investigadores explican que “ante a tendencia global de aumento e concentración da poboación nas cidades, a Cidade Intelixente xorde como unha oportunidade de xestión e planificación urbana capaz de dar resposta aos novos retos a través do uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, as TIC”. O seu traballo abrangue tamén o resultado dos seus estudos sobre diferentes sistemas de indicadores de rankings que se refiren de maneira concreta a Smart Cities . Con isto, quixeron amosar entre outras cousas os erros máis espallados que comités de normalización de Cidades Intelixentes en países europeos deben evitar “á hora de fixar un estándar como política pública”.
Segundo conclúe a Universidade de Santiago, a intervención dos seus representantes no congreso internacional serviu “para dar a coñecer o intenso traballo de investigación que neste eido se desenvolve nos Campus de Compostela e Lugo”. Na cita deste ano contouse coa meirande participación internacional da historia do evento: medio milleiro de cidades dos cinco continentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?