Elon Musk funda X.AI
venres, 14 de abril do 2023
Hai
uns dÃas comentábase que Elon
Musk fixera mercar 10.000 gráficas para correr procesos de intelixencia
artificial para un proxecto dentro de Twitter que poderÃa competir con ChatGPT,
e agora The
Wall Street Journal engade que Musk vén de fundar unha nova empresa de
intelixencia artificial chamada X.AI Corp, rexistrada no estado de Nevada.
Lembremos que Musk xa participara inicialmente en OpenAI (entidade responsable
de ChatGPT) e actualmente está a artellar as súas empresas ao redor da marca X
Corp, dun xeito semellante ao que Facebook fai con Meta.
Resulta curioso que Musk emprenda agora un proxecto sobre intelixencia
artificial cando leva meses criticando abertamente a OpenAI e incluso asinou
unha carta aberta pedindo unha moratoria ao desenvolvemento de grandes
intelixencias artificiais, o que pode dar a entender que simplemente estaba
a buscar frear á súa futura competencia.