Propoñen unha moratoria para o desenvolvemento de grandes proxectos de intelixencia artificial
mércores, 29 de marzo do 2023- Elon Musk é un dos promotores desta moratoria
O Future of Life
Institute, entidade que persegue unha transformación tecnolóxica prudente, vén
de publicar unha carta aberta a través da que solicitan
a conxelación dos grandes experimentos con intelixencia artificial, por
considerar perigosa a carreira actual desta tecnoloxÃa, que poderÃa levar á
perda de control da civilización, de aà que consideren que os potentes sistemas
de intelixencia artificial deberÃan desenvolverse só cando esteamos seguro de
que os seus efectos serán positivos e os seus riscos controlables.
Consideran que os sistemas que sexan máis potentes que GPT-4 deberÃan suspender
o seu desenvolvemento como mÃnimo 6 meses, para dar tempo a establecer
protocolos que garantan a seguridade destes desenvolvementos que na súa
meirande parte funcionan como caixas negras, polo que resultan bastante impredicibles
e perigosos.
Entre os asinantes desta carta aberta destacan figuras como Elon Musk (cofundador
de OpenAI, pero actualmente fóra da iniciativa), os profesores Yoshua Bengio e
Stuart Russell, o cofundador de Apple Steve Wozniak, e moitos outros docentes,
investigadores e emprendedores que levan tempo participando nas xuntanzas
organizadas pola entidade entre as que destacan a de Asilomar en 2017, na
que se fixaron 23 principios sobre a intelixencia artificial que pretenden que
se adopten como unha norma global para un desenvolvemento responsable desta
tecnoloxÃa.
Se ben solicitar unha moratoria ao desenvolvemento da intelixencia artificial parece
unha iniciativa ridÃcula (a industria non vai deter a súa evolución no momento
no que está a recibir maior atención), espertar a preocupación sobre os riscos
da intelixencia artificial si que é máis que defendible, e non podemos esquecer
que precisamente a nivel europeo está a traballarse en tal dirección, de aà que
en breve vaiamos ter na Coruña a sede da AESIA, Axencia que se encargará de
regular a intelixencia artificial e que servirá de exemplo ao control deste
ámbito no marco europeo.