En marcha a 3º edición de SEDEXPO, con case 400 firmas expositoras e a participación de Gradiant e AMTEGA
xoves, 27 de marzo do 2025
Este mércores 26 de marzo inaugurouse en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca da Fundación Semana Verde, a terceira edición da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (SEDEXPO). Será, até este venres, un escaparate directo ao máis avanzado en equipamento e sistemas de seguridade, en material para as forzas e corpos de seguridade e servizos de emerxencias, asà como en tecnoloxÃas relacionadas coa ciberseguridade, a robótica ou a aeronáutica.
Nun espazo de máis de 4.400 metros cadrados amosarán as súas novidades 387 empresas expositoras de 38 paÃses representadas por case un cento de expositores directos de España, Portugal, Alemaña, Francia, PaÃses Baixos, Paquistán, República Checa e México.
A edición deste ano experimentou un aumento respecto á edición anterior dun 19% no número de expositores, do 71% no de firmas e do 11% nos metros cadrados netos de superficie.
O programa inclúe medio cento de conferencias no marco dunha trintena de xornadas con máis dun cento de relatores que abordarán temáticas como os fenómenos meteorolóxicos adversos e as inundacións ou a DINA de Valencia. Haberá tamén numerosas demostracións como o simulacro de rescate levado a cabo por efectivos da Unidade de PolicÃa Adscrita de Galicia (UPA) e Gardacostas de Galicia ao que asistiron hoxe os conselleiros.
Un dos puntos fortes desta feira é atención que pon na innovación aeroespacial e aeronáutica e nos vehÃculos non tripulados (UAV). demais de contar na súa área expositiva con empresas lÃderes no sector dos drons, firmas como Ritrac Internacional organizaron unha xornada interesante como Drons e unidades K9: innovación e colaboración na seguridade cidadá.
A segunda xornada da feira (a deste mércores 26) inclúe simulacros e demostracións asà como conferencias e xornadas técnicas de gran nivel. Tamén un simposio, Incendios Forestais Extremos, organizado pola ConsellerÃa do Medio Rural da Xunta de Galicia, que analizará aspectos como as situacións sinópticas comúns nos incendios forestais, o lume na xestión da paisaxe, a importancia da formación e das prácticas operativas ou os factores que orixinan o comportamento extremo dos incendios forestais.
Gradiant pon en valor a rede RETECHciber
O Centro Tecnolóxico Gradiant tamén está presente na SEDEXPO 2025. Ao abeiro do seu compromiso coa innovación en ciberseguridade, Gradiant participa xunto á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) para poñer en valor a Rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en ciberseguridade de Galicia (#RETECHciber), enmarcada no programa RETECH e financiada polos Fondos Next Generation-EU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e que conta co apoio do INCIBE.
Presentarán os detalles do proxecto da Rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade de Galicia, no que tamén colaboran a Universidade de Vigo e o ITG – Centro Tecnolóxico Nacional. Este proxecto é parte da iniciativa RETECH, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co financiamento dos Fondos Next Generation-EU.
Juan González, director de Seguridade e Privacidade de Gradiant, e Borja Pinto, responsábel técnico de Ciberseguridade Industrial en Gradiant, presentarán os detalles do dito programa os dÃas 26 e 27 de marzo na propia caseta #RETECH.
Gradiant ofrece dúas charlas técnicas dirixidas a profesionais do sector:
Ciberseguridade en redes e servizos 5G. Mércores 26 e xoves 27 ás 13:00h. Esta sesión abordará os desafÃos de seguridade nas redes de nova xeración e as solucións que Gradiant está a desenvolver para garantir a resiliencia destas infraestruturas.
Ciberseguridade en redes de control industrial. Mércores 26 e xoves 27 ás 16:15h. Analizaranse os principais vectores de ataque en contornas industriais e as estratexias para protexer estes sistemas crÃticos contra ameazas emerxentes.
O equipo de Gradiant dará a coñecer, xunto ás outras dúas entidades que acoden presencialmente ao evento, os obxectivos perseguidos no proxecto da rede de laboratorios e, na súa área expositiva, presentarán as súas principais iniciativas e solucións en materia de ciberseguridade.