Epic levará a súa tenda de xogos a iOS e Android este ano
mércores, 20 de marzo do 2024
Sabendo que Apple Ãa ter que cumprir coa Lei de Mercados Dixitais en Europa, Epic Games lanzouse a anunciar que estaba a preparar o regreso de Fortnite ao iPhone e o lanzamento da súa tenda de xogos en iOS, e agora reafÃrmanse anunciando que a Epic Games Store chegará a iOS e a Android a finais do presente ano. A tenda para iOS chegarÃa como mÃnimo a Europa, mentres que a tenda para Android poderá ser global.
Tamén detallaron a súa intención de manter e a súa polÃtica de comisións, de xeito que os xogos que venderán a través da súa tenda de aplicacións para móbiles terán unha comisión do 12% como tamén acontece coa súa tenda de xogos para PC. Tamén ofrecerá vantaxes adicionais como que os creadores recibirán o 100% dos ingresos durante os primeiros 6 meses e non terán que pagar por usar Unreal Engine se os pagamentos do xogo se procesan a través da tenda de aplicacións.
AÃnda non está nada claro como funcionarán as tendas de terceiros en iOS dentro da Unión Europea, xa que as condicións impostas por Apple seguen a ser revisadas polas autoridades, e detalles como a nova taxa que Apple sacou da manga para os que leven as súas aplicacións fóra da App Store poderÃan quedar en nada se os reguladores consideran que non son compatibles coa lexislación europea.