FACUA denuncia que X segue a publicitar chiringuitos financeiros
martes, 28 de xaneiro do 2025
O pasado mes de decembro a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) anunciou a apertura dun expediente sancionador contra Twitter International Unlimited Company pola publicación de anuncios de servizos de investimentos non autorizados, incumprindo a lexislación que busca protexer aos consumidores de calotes financeiros.
Dende a CNMV advertÃan dunha vaga de calotes que se baseaban en novas falseadas que utilizaban como reclamo a figuras públicas como Martiño Rivas, Carlos Sobera e Antonio Resines acompañadas por imaxes das mesmas no programa de televisión La Resistencia, e agora, dende FACUA, denuncian ante a CNMV que X segue sen adoptar medidas, e agora permiten publicidade na que suplantan a Ana Belén e David Broncano (agora en La Revuelta) para vender criptomoedas.
A denuncia presentada por FACUA comenta o caso máis actual, con anuncios que levan aos usuarios a unha páxina web que simula ser a de El Mundo, na que figura unha falsa entrevista a Ana Belén en La Revuelta, na que a cantante comenta os cartos que gañou realizando investimentos a través de Immutable Profit, compañÃa da que a propia CNMV lanzou unha advertencia pública alertando de que non está autorizada para prestar servizos e actividades de investimento, ou sexa, que está considerada un chiringuito financeiro.